Roteiro literario: De Padrón a Compostela

O pasado xoves 26 de abril o alumnado de 3º e 4º de secundaria visitou, coma xa sabedes, Padrón e Compostela. Trátabase  dunha actividade organizada polos departamentos de Xeografía e Historia e Lingua Galega e Literatura á que nos quixemos sumar dende a Biblioteca e o EDLN cun roteiro literario que elaboramos para que os seus textos fosen lidos na visita. Premede aquí se queredes coñecer o roteiro.