Skip to Content

blogue dedirectora

BECAS E AXUDAS PARA O CURSO 2022-23

O prazo para solicitar becas do curso 2022/23 ábrese o 30 de marzo e remata o 12 de maio. Poden atopar máis información na seguinte infografía, ou ben na web do Ministerio de Educación.

 

ESCOLA DE FAMILIAS

 

O Concello de San Sadurniño, en colaboración coa asociación Asfedro, pon en marcha unha Escola de familias, co obxectivo de mellorar as habilidades educativas, de xestión e de comunicación familiar e reforzar as súas competencias relacionadas coa educación dos seus fillos e fillas.

 

As sesións realizaranse os xoves 31 de marzo, 7, 21 e 28 de abril en horario de 15:30 a 17:00 h na Casa da Xuventude.

 

Para inscribirse, poden enviar un correo electrónico a pilar.calvo@sansadurnino.gal

 

 

 

Admisión curso 2022-23

Prazo aberto: do 1 ao 21 de marzo

Para presentar unha solicitude deberá seguir algunha das opción descritas a continuación:

  1. Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro:
    Para presentar a solicitude presencialmente no centro deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, deberá premer no botón “Crear e Confirmar”. Feito isto poderá descargala para asinar e presentar no centro.

     

  2. Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica
    Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder a admisionalumnado con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital, para iso deberá premer na icona verde que se atopa arriba á dereita. Posteriormente deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, deberá premer no botón “Confirmar solicitude” e posteriormente premendo no botón "Firmar e presentar en Sede Electrónica", poderá asinar a solicitude dixitalmente, quedando como presentada no centro, sempre que o proceso de sinatura remate correctamente. Debe achegar escaneada toda a documentación pertinente á hora de presentar solicitude.

    IMPORTANTEDebe achegar, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia, o anexo II bis dixitalizado (COMPROBACIÓN DE DATOS DOS MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR, última páxina da solicitude que pode visualizar e descargar nesta aplicación).

  3. Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro

Se non desexa cubrir a solicitude dixitalmente pode facelo de xeito manual descargando dende os seguintes enlaces os documentos, cubrilos e presentalos firmados no centro.

Para presentar a documentación no centro, é imprescindible cita previa (teléfono do centro: 881930489)

 

Mandados do Meco

Deixámosvos os mandados do Meco para a vindeira semana (hai dous arquivos adxuntos, un para infantil e primaria e outro para secundaria).

Feliz Entroido a todos!!!

 

RESERVA DE PRAZA EN CENTRO ADSCRITO (1º BACHARELATO)

Bo día:

Hoxe ábrese o prazo para a reserva de praza no centro adscrito (IES Fernando Esquío). Poden presentar as solicitudes de xeito manual (adxúntase o modelo en pdf), ou ben a través da aplicación (admisionalumnado) no menú:

Solicitudes>Reserva>Crear

Esta solicitude deberá presentarse no centro educativo de orixe ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo, ou en Sede Electrónica, para o que se precisará de Chave365 ou certificado dixital, sendo esta a canle preferible de presentación.

Lembren que o prazo de presentación de solicitudes desde o 11 de xaneiro ata o 8 de febreiro.

 

 

NOVIDADES EN RELACIÓN AO PROTOCOLO COVID-19

Cortes de tráfico o vindeiro luns, 22 de novembro

Dende o concello infórmannos de que, co gallo da rodaxe da serie "A Rapa", o vindeiro luns, 22 de novembro haberá cortes de tráfico intermitentes ao longo de todo o día na Avenida Marqués de Figueroa. Ditos cortes só durarán uns minutos.

Reparto de máscaras ao alumnado

Segundo a Orde do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado, o alumnado destinatario será o seguinte:

1. Que fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar.

2. Que non fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar por diferentes circunstancias, pero:

a) Pertenza a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.

b) Estea matriculado en educación especial, ou suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia ou teña unha discapacidade igual ou superior ao 65 %, con independencia da renda da unidade familiar.

O prazo de solicitude remata o venres, 26 de novembro.

Ligazón á Orde: ver

Modelo de solicitude: ver

 

Convocatoria eleccións Consello Escolar

De acordo coa RESOLUCIÓN de 20 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se establece o calendario para a celebración das eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos, co seguinte calendario:

 

8 de novembro: publicación de censo e  convocatoria.

9 ao 16 de novembro: presentación de candidaturas.

Ata o 15 de novembro reclamacións ao censo.

17 de novembro proclamacións de candidaturas presentadas.

23 de novembro: eleccións.

 

 

En secretaría poderedes anotar a vosa candidatura.

 

Este curso, somentes se renova un posto de pais/nais por unha vacante.

 

 

 

En San Sadurniño a 8 de novembro de 2021

Calendario escolar 2020/21

Distribuir contido


by Dr. Radut