Onte, mércores 31 de maio, o alumnado da ESO puxo fin ao Proxecto Dragal da Secretaría Xeral de Política Lingüística cunha gran xuntanza, xunto con outros cinco centros educativos cos que levan traballando nas actividades e obradoiros desde principio de curso.
A través dun xogo de rol, mergulláronse polo Pico Sacro como mensaxeiros e mensaxeiras da Fraternidade de Dragal na procura das moedas e pezas para atopar o medallón segredo.
Tras superar varias probas de toponimia, retos de habilidade e dialéctica, e así demostrar que coa lectura tamén se pode xogar, o noso alumnado resultou campión do xogo e, polo tanto, foron coroados/as como cabaleiros e donas da Orde de Dragal. Ademais, Roi Fandiño de 1º ESO foi o vencedor do concurso da viñeta coa que se elaborou unha banda deseñada colectiva.
Un día moi emocionante e construtivo xa que a partir da lectura dun libro vivimos moitas aventuras na nosa lingua.
Premede na imaxe ou visitade a nosa galería de fotos e veredes algúns momentos da xornada.
https://www.edu.xunta.gal/portal/node/22255