Skip to Content

Articles

Saída Teatro " Mr Bullying: todos contra el"

Este luns 27 de marzo o alumnado de 1º da ESO desprazouse a Santiago para ver a obra de teatro: Mr Bullying, ¡todos contra el!

Esta obra da compañía El Replà trata o tema do acoso escolar representando unha situación na que unha alumna chega nova a un instituto onde esperta simpatías con algúns compañeiros e inseguridades con outros, recreando unha situación que se vive nos centros educativos, nos que as bromas deixan de selo, os compañeiros déixanse levar polos comentarios de terceiros e a vida da protagonista vese afectada e prexudicada sen saber moi ben o que está pasando...

A actividade forma parte das actuacións que se desenvolven nas titorías para  reflexionar que é o que leva a uns rapaces e/ou rapazas a exercer a violencia sobre outro/a e poder así, corrixir problemas emocionais e relacionais que poden ter graves consecuencias.

Podedes premer na imaxe para ver algunhas fotos ou visitar a nosa galería de imaxes.

                                      

PREMIOS LINGUA DE NAMORAR 2017

A alumna do noso centro Inés Amado Rodríguez, de 4º da ESO, acadou o SEGUNDO PREMIO DO CONCURSO "LINGUA DE NAMORAR" na categoría de alumnado de Educación Secundaria coa seguinte mensaxe:

"Decidiches escribir poesía comigo, empregando metáforas atopadas nos meu ollos, redactando versos sacados dos meus beizos, engadindo refráns arrincados das nosas vivencias... Desexaches que formase parte desta historia, sendo así o capítulo culminante da túa vida. Decidiches escribir poesía comigo, e nela me enclaustrei para non perderte xamais..."

Moitos parabéns Inés, de parte de todos/as os/as teus compañeiros/as e todo o profesorado do teu colexio.

Se queredes máis información premede nesta imaxe

                                          

Concurso da Asociación de Profesores de Francés de Galicia para alumnos/as de Francés galegos/as.

O pasado sábado 11 de marzo de 2017, a alumna Blanca Martínez Campos de 1º da ESO gañou o 1º premio do concurso organizado pola APFG na categoría de alumnos/as de 1º e 2º da ESO de Francés, 2º idioma estranxeiro. O concurso foi organizado en Santiago de Compostela pola Asociación de Profesores/as de Francés de Galicia para alumnos/as de Francés de Galicia.

Os traballos seleccionados para participar no concurso foron os seguintes:

Categoría 1º-2º ESO FLE2:

- Blanca Martínez Campos: “La fenêtre de Versailles” (PREMIADA)

- Alejandro Iglesias Sueiro: “La tour Eiffel”

- Nerea Prado Pombo: “Rodin: le penseur moderne”

Categoría 3º ESO FLE2 :

- Sabela Míguez Bouzas : « Le pont du Gard »

Os demáis traballos presentados como proxecto de segundo trimestre están expostos no primeiro andar do centro e no blog do departamento de Francés www.elvifle.blogspot.com

Podedes ver os traballos premendo nesta imaxe ou visitando a nosa galería de fotos.

                                                    

O alumnado de 3º e 4º da ESO visita Compostela

O pasado 16 de marzo o alumnado de terceiro e cuarto da ESO asistiu a unha representación teatral da obra de Mary Shelly 'Frankenstein' e aproveitaron a visita a Santiago para facer unha visita guiada da Cidade da Cultura.

Premede nas imaxes ou visitade a nosa galería de fotos para ver algunhas instantáneas da xornada.

                 

 

O CPI de Cuntis conmemora o 8 de Marzo cun Obradoiro de Graffitti

O alumnado da ESO do noso centro celebrou o Día da Muller cun obradoiro de graffitti en directo da artista NANA, baixo o título "Cóntame outro conto" no Pavillón Municipal de Deportes. A esta actividade acudiron o alcalde de Cuntis Manuel Campos, a concelleira municipal de Igualdade Conchi Campos e a presidenta da Deputación de Pontevedra Carmela Silva Rego. 

Aquí vos deixamos unhas fotos da actividade e uns enlaces á noticia do día no noso colexio.

                                              

https://www.facebook.com/DeputacionPontevedra/photos/rpp.190296897664686/1574135375947491/?type=3&theater

 http://www.depo.es/web/edepo/-/noticia-a-deputacion-organiza-este-mercores-8-de-marzo-unha-accion-escenica-en-cuntis-no-marco-do-programa-mulleres-en-accion-violencia-zero-

http://www.depo.es/web/edepo/-/noticia-carmela-silva-sublina-no-proxecto-%E2%80%9Cviolencia-zero%E2%80%9D-en-cuntis-que-sen-as-mulleres-o-mundo-parariase

http://www.noticieirogalego.com/2017/03/a-deputacion-de-pontevedra-sumarase-ao-paro-internacional-das-mulleres-o-8-de-marzo/

Obradoiro de Toponimia con Vicente Feijoo

Na tarde do martes, visitou o noso centro Vicente Feijoo Arán, responsable da Comisión de Onomástica e Toponimia da Real Academia Galega, que lle transmitiu a todo o alumnado de secundaria a importancia da toponimia como patrimonio inmaterial e animou á investigación dos topónimos e micropónimos cuntienses para posteriormente incluílos na aplicación informática oficial.

O alumnado estivo atento e amosou moito interese polos nomes dos lugares. O tempo quedou curto xa que houbo moitas preguntas e por iso esperamos que poida volver dentro duns meses para aclarar dúbidas e aspectos sobre os nomes dos lugares onde vive o noso alumnado.

Esta actividade está vinculada con dous proxectos que se están a levar a cabo no centro: o proxecto Dragal e o de Dimanización lingüística.

Premede na imaxe para ver algunhas fotos.

                                

Celebrando a Rosalía na TVG

Un equipo de informativos da TVG visitou esta mañá o noso centro para grabar unha das actividades que estamos a desenvolver con motivo do Día de Rosalía. Tiñamos preparado un photocall no corredor principal e volvemos por en marcha o MannequinChallenge que fixeron os rapaces de primeiro da ESO coa colaboración das profesoras de língua galega Natividad Diéguez e de língua castelá e coordinadora do Club de lectura Susana Sánchez
Aquí vos deixamos o enlace á reportaxe no minuto 49,34.

Concurso Cartas de Amor "Can Valentín"

O alumnado de ESO e Primaria do noso centro, coa axuda dos titores e do departamento de Lingua Galega e Lingua Castelá, ven de presentarse ao Concurso e Cartas de Amor "Can Valentín" organizado pola emisora municipal Radio Estrada para conmemorar o Día dos Namorados. Das cincocentas cartas de amor presentadas polo alumnado dos colexios de a Estrada, Moraña, Barro, Catoira e Cuntis dous dos premios viñeron parar ao noso centro da man de Jose Ferrero de 2º da ESO que acadou o premio de prata e de Sara Sabir de 1º da ESO cunha Mención Especial para o seu "Esplendor de lúa".

Moitos parabéns a todos/as os/as que participastes e Noraboa aos/as gañadores/as.

 

Os dragóns existen e chegaron ao noso centro a través de Dragal.

Os dragóns existen e chegaron ao noso centro a través de Dragal.

Así nolo fixo saber Elena Gallego na súa visita de onte durante a cal nos falou da maxia, da memoria e da presenza destes seres que persisten en todo o mundo.

Elena Gallego resolveulles dúbidas a todo o alumnado da ESO sobre os misterios que agocha o dragón, entraron nunhas catacumbas virtuais e demostroulles que, dun xeito ou outro, todo o narrado no libro existe. A rapazada, moi curiosa e atenta, fixo moitas preguntas e incluso lle propuxeron á autora finais alternativos e ideas para continuar a saga dragaliana.

Esta visita forma parte do Proxecto Dragal da Secretaría Xeral de Política Lingüística no cal estamos a participar xuntos con outros cinco centros de toda Galicia. Seguiremos sendo dragaliños e dragaliñas ao longo do curso e traballaremos diferentes aspectos relacionados coa obra e investigando se en Cuntis tamén hai dragóns.

Aquí vos deixamos algunhas fotos do encontro.

      

O Tempo da TVG con Mabel Montes

Este luns 13 de febreiro visitou o noso centro a xornalista Mabel Montes, unha das reporteiras do espazo meteorolóxico da TVG "O Tempo". Esta visita celebrouse ao abeiro das actividades do Programa Meteoescolas pertencente aos Plans Proxecta nos que estamos a traballar no noso centro.

Mabel amosounos as ferramentas coas que traballan: modelos, estacións, páxinas web, webcams, redes sociais e explicounos a mecánica do seu traballo que comprende a elaboración do pronóstico e a súa comunicación. 

Premede nalgunha destas imaxes ou visitade a nosa galería de fotos para ver algún dos momentos vividos nesta interesante charla.

                

 

 Velaquí máis cousas desta visita : Facebook de O TEMPO da TVG e tamén no Twitter de O TEMPO da TVG

 



by Dr. Radut