Skip to Content

Articles

SOFÍA MAUL NO CPI

O día 15 de Marzo, e a través do "Festival Internacional de Tradición Oral Atlántica:Un mar de contos por toda Galicia" contamos coa visita de Sofía Maul ao alumnado da ESO.

Sofía Maul é unha contadora portuguesa da illa de Madeira e adicouse a contar contos tradicionais destas illas.

Esta actividade está relacionada coa tema transversal que este ano traballamos no CPI, que versa sobre a tradición oral: "De Boca a orella".

Aquí vos deixamos unha pequena mostra da actividade.

OBRADOIROS DE REGUEIFAS

O xoves 14 de Febreiro o alumnado de 3º e 4º da ESO asistiu á primeira parte do obradoiro de regueifas que terá continuación nas vindeiras datas.

Deixámosvos unha pequena mostra da actividade.

NADAL DO CPI

Nótase o ambiente de Nadal no CPI.

Aquí vos deixamos unha mostra de como decoramos os corredores este curso.

DEPORUARTE

Durante o mes de Outubro o alumnado de ESO do CPI participiu no programa- obradoiro DEPORUARTE co resultado que podedes observar premendo a na imaxe.

ENTREGA DE CUALIFICACIÓNS DAS PROBAS EXTRAORDINARIAS DE SETEMBRO

O xoves 6 de setembro farase entrega, por parte dos titores, das notas e dos sobres de matrícula do curso 2018-2019 para o alumnado con materias pendentes.

O periodo de matrícula  remata o 10 de setembro. Prégase premura para realizar a mesma.

2ºAccesist no Concurso de Poesía Escolar "Rosalía de Castro": Carmen Aboy Reboredo

A nosa alumna Carmen Aboy Reboredo ven de gañar o 2º Accésit no Sexto concurso de Poesía Escolar "Rosalía de Castro" co seu poema farta, para o que ademais fixo un vídeopoema.
Compartímolo aquí convosco de paso que lle transmitimos os parabéns de toda a comunidade educativa. Para ver o vídeo poema premede na imaxe.

CALENDARIO DE EXAMES DE SETEMBRO 2018

Premede na imaxe para descargala.

 

ACCESSIT RETO LECTOR

As nosas alumnas Sara Sabir e Saray Yglesias acudiron á cidade de Vigo, o pasado 25 de xuño, para recoller o seu accessit no Certame Reto Lector, da Editorial Galaxia.

Entregoulles o premio (un lote de libros) Antía Yáñez, autora da novela que recomendaron, O misterio de Portomarín.

Vídeo: https://www.youtube.com/watch?v=GCsjn3JfAy0&t=0s&list=PLGplowLMzK90BYkYeLblN-pK_0do4W8OZ&index=16

Nova no web de galaxia: http://editorialgalaxia.gal/46351/

SUBIDA AO XESTEIRAS 2018.

O martes 20 de xuño, o alumnado de 4º ESO realizou unha saída ao monte Xesteiras para levar a cabo unha visita guiada ao único radar meteorolóxico de MeteoGalicia. O percorrido ata alí fíxose camiñando e debido ás altas temperaturas foi un pouco máis duro do esperado, pero gustoulles moito poder acceder ao interior do radar que tantas veces teñen visto, e coñecer de primeira man polos técnicos de MeteoGalicia, o seu funcionamento.

Visitade a galería de fotos ou premede nestas fotos para ver algúns momentos desta xornada....

    

ACTO DESPEDIDA ALUMNADO 4º ESO. CURSO 2017-2018

Este pasado martes 19 de xuño pola tarde tivo lugar no noso centro o acto de despedida do alumnado de 4º da ESO que pronto nos deixará para comenzar unha nova etapa escolar e de vida adulta.

Cada un/ha deles/as tivo a oportunidade de dirixirse ao público presente para compartir as súas lembranzas e historias máis divertidas do seu paso polo colexio, o seu colexio da infancia e o seu colexio para sempre.

Finalmente recibiron un agasallo coa súa foto de orla como recordo da súa estancia con todos os/as seus/as mestras e mestres que lles desexan toda a sorte do mundo.

Coma sempre podedes botarlle un ollo aos momentos máis significativos vividos premendo nesta imaxe ou visitando a nosa galería de fotos. 

 



by Dr. Radut