Skip to Content

Visita á TVG e á Cidade da Cultura

Os departamentos de Bioloxía e Xeoloxía e Lingua Galega e Literatura organizamos o pasado martes 13 de xuño unha saída co alumnado de 4° ESO para visitar as intalacións da TVG en San Marcos, o Bosque de Galicia e a exposición "Da árbore á cadeira da Cidade da Cultura. Durante a mañá, na TVG, o alumnado asistiu á retransmisión en directo no plató do programa "Bos días" e visitou a oficina do programa "O Tempo" onde dúas das súas presentadoras, Mabel e Ana Celia, lles explicaron as ferramentas que empregan para elaborar as súas prediccións a partir da información que lles proporciona MeteoGalicia. Pola tarde, na Cidade da Cultura, pasearon polo Bosque de Galicia, que contén unha mostra representativa das principais especies autóctonas do país e un xardín literario e finalmente percorreron a exposición "Da árbore á cadeira" repasando os autores que estudaran na materia de Galego coa axuda da profesora e un guía.

A pesares de que comezamos con mal tempo foi un día moi proveitoso e desfrutárono moito, como podedes ver premendo nestas fotos ou visitando a nosa galería de imaxes.

                                                

Tamén vos deixamos un enlace á TVG na que falan da estancia dos/as nosos/as rapaces nas súas instalacións ( minuto 5,50): http://www.crtvg.es/informativos/mercores-con-calmuzo-e-algunha-tormenta



portada | by Dr. Radut