Skip to Content

ENDL

Equipo de Dinamización da Lingua Galega

Coordinador    Coordinadora Galega de ENDL   Revista Ollos de aula
         
Carmen Blanco Sieira
   

AXENDAS E CALENDARIO DO CPI

O EDLG en colaboración co Departamento de Educación Plástica. Visual e Audiovisual deseñaron o calendario 2019 do CPI de Cuntis, así como as axendas para o curso 19-20 que está utilizando o noso alumnado.

Esta actividade foi subvencionada polo Concello de Cuntis.

 

1º PREMIO EDUCACOMPOSTELA PARA O NOSO CPI

Este martes 10 de abril entregáronse os Premios Educacompostela nun acto celebrado no Pazo de Raxoi de Santiago ao que acudiron representantes do noso centro para recoller o 1º premio que nos outorgaron pola aplicación para dispositivos móbiles Cuntistar. Estes premios buscan recoñecer a elaboración de materiais educativos que favorecen a innovación educativa e a importancia da implicación de todo o profesorado e alumnado nun ensino público e de calidade.

Moitos parabéns a todo o alumnado que participou na elaboración e posta en marcha desta aplicación móbil, ao mestre Javier Carballo polo seu traballo na parte técnica e gañas de facer cousas tan ben feitas e á coordinadora do proxecto e profesora de Língua Galega, Natividad Diéguez, que con moito traballo, tempo e ilusión conseguiu unha vez máis que o noso alumnado e o noso centro sexan referente de ensino de calidade.  

Premendo nesta imaxe podedes acceder á noticia que saiu na prensa escrita de hoxe.

1º PREMIO EDUCA COMPOSTELA PARA O CPI AURELIO MARCELINO

Comezamos o ano con boas noticias para o noso centro, especialmente para o EDLG do CPI Aurelio Marcelino que acaba de recibir o 1º Premio da X edición dos Premios Educacompostela convocado polo Concello de Santiago en colaboración co Movemento de Renovación Pedagóxica Nova Escola Galega pola aplicación para dispositivos Android CuntiStar. Un xogo que pon en valor a etnografía, o patrimonio, a lingua, o deporte e o medio natural de Cuntis.

O xurado destacou a temática que se trata CuntiStar, o seu uso da lingua a través das novas tecnoloxías e a implicación do noso alumnado na súa creación e desenvolvemento.

Animádevos a descargar a app CuntiStar no Play Store do voso móbil ou tablet e xogar!

https://play.google.com/store/apps/details…

 

Tamén vos deixamos aquí un enlace á noticia da resolución do premio ao noso centro: http://santiagodecompostela.gal/hoxe/nova.php…

De todas, ti es a preferida!

Cada ano son máis as linguas que están presentes no centro, ben como materias novas, ben como linguas iniciais do alumnado. Mais o galego é a lingua de comunicación no día a día de toda a rapazada e isto fai que a integración lingüística sexa moi doada e amena. Un paraíso lingüístico é o agroma ao redor do no noso CPI e así volo amosamos a través deste vídeo elaborado pola alumna de 4º ESO, Sheila Almeida, no que como ben din os/as protagonistas:

 De todas, ti es a preferida!

                                                                         

Visita á TVG e á Cidade da Cultura

Os departamentos de Bioloxía e Xeoloxía e Lingua Galega e Literatura organizamos o pasado martes 13 de xuño unha saída co alumnado de 4° ESO para visitar as intalacións da TVG en San Marcos, o Bosque de Galicia e a exposición "Da árbore á cadeira da Cidade da Cultura. Durante a mañá, na TVG, o alumnado asistiu á retransmisión en directo no plató do programa "Bos días" e visitou a oficina do programa "O Tempo" onde dúas das súas presentadoras, Mabel e Ana Celia, lles explicaron as ferramentas que empregan para elaborar as súas prediccións a partir da información que lles proporciona MeteoGalicia. Pola tarde, na Cidade da Cultura, pasearon polo Bosque de Galicia, que contén unha mostra representativa das principais especies autóctonas do país e un xardín literario e finalmente percorreron a exposición "Da árbore á cadeira" repasando os autores que estudaran na materia de Galego coa axuda da profesora e un guía.

A pesares de que comezamos con mal tempo foi un día moi proveitoso e desfrutárono moito, como podedes ver premendo nestas fotos ou visitando a nosa galería de imaxes.

                                                

Tamén vos deixamos un enlace á TVG na que falan da estancia dos/as nosos/as rapaces nas súas instalacións ( minuto 5,50): http://www.crtvg.es/informativos/mercores-con-calmuzo-e-algunha-tormenta

Dia do Medio 2017

Onte foi o Día Internacional do Medio e para celebralo no noso centro fixemos unha plantación simbólica de varias árbores (un carballo, un camelio doado por Leonor Magariños e seis castiñeiros) co alumnado de 3° ESO durante o segundo recreo . Ademais etiquetamos ditas árbores cos seus correspondentes nomes científicos, en galego, portugués, castelán, inglés, francés, rumano e árabe, grazas á colaboración do profesorado dos respectivos departamentos de galego, inglés e francés, e ao alumnado do centro de orixe árabe e rumano, especialmente a Sabir Sabir e Danyna Stoian.

Ao longo de toda a semana seguiremos festexando esta conmemoración etiquetando durante os recreos todas as árbores do centro coa participación do alumnado de todas as etapas educativas. Velaquí unhas fotos que ilustran a xornada.

Xuntanza Dragal 2017

Onte, mércores 31 de maio, o alumnado da ESO puxo fin ao Proxecto Dragal da Secretaría Xeral de Política Lingüística cunha gran xuntanza, xunto con outros cinco centros educativos cos que levan traballando nas actividades e obradoiros desde principio de curso.

A través dun xogo de rol, mergulláronse polo Pico Sacro como mensaxeiros e mensaxeiras da Fraternidade de Dragal na procura das moedas e pezas para atopar o medallón segredo.

Tras superar varias probas de toponimia, retos de habilidade e dialéctica, e así demostrar que coa lectura tamén se pode xogar, o noso alumnado resultou campión do xogo e, polo tanto, foron coroados/as como cabaleiros e donas da Orde de Dragal. Ademais, Roi Fandiño de 1º ESO foi o vencedor do concurso da viñeta coa que se elaborou unha banda deseñada colectiva.

Un día moi emocionante e construtivo xa que a partir da lectura dun libro vivimos moitas aventuras na nosa lingua.

Premede na imaxe ou visitade a nosa galería de fotos e veredes algúns momentos da xornada.

                                                   

 https://www.edu.xunta.gal/portal/node/22255 

Festa da Lingua 2017.

Un ano máis celebramos no centro a Festa da lingua na ESO coa entrega do V premio de poesía Carme de Xinzal, que convoca a Asociación O Fervedoiro, e a representación da obra de teatro Conversas coa lingua (adaptación da peza teatral Conversas coa nobre dama de Olimpio Arca).

Educación Primaria tamén participou coas súas actuacións, murais e co photocall da Galiña Azul de Carlos Casares.

Aquí vos deixamos os vídeos e as fotografías. E que dure mil primaveras máis!

  

Obradoiro de Poesía con Yolanda Castaño. 3º e 4º da ESO

Pensando nese día das Letras Galegas que só homenaxeou tres mulleres en 64 anos, a Concellaría de Igualdade do Concello de Cuntis trouxo á poeta Yolanda Castaño ao noso centro para que se contase ao alumnado de 3º e 4º da ESO da cantidade de poetas con A maiúsculo que temos na literatura galega.

Premede na imaxe ou visitade a nosa galería de fotos para ver algunha das actividades que fixemos.

                                                          

Distribuir contido


by Dr. Radut