Avisos

FONDO LIBROS 2020-21

INFORMACIÓN FONDO LIBROS 2020-21

Os listados provisionais de FONDO LIBROS están publicados no taboleiro do centro dende o 3 de xullo. 

O periodo de reclamacións serán os días 6 e 7 de xullo.

Os listados definitivos publicaranse no taboleiro do centro a partir do 8 de xullo.

Para recoller os vales de material e libros organizaranse quendas mediante cita previa

 

Pregamos que acudan ao centro tendo en conta as medidas preventivas.

Para máis información chamar ao número 886 120 228.

ADAPTACIÓN DAS PROGRAMACIÓNS

Estimadas familias:

Seguindo as intrucións da Consellería de Educación e da Inspección Educativa, o profesorado de cada centro educativo debe adaptar as programacións didácticas do 3º trimestre á nova situación académica xerada polo COVID-19.

Podedes acceder ás programacións didácticas no noso centro para a súa consulta, a través da páxina web do centro no apartado de "documentos" en “Secretaría” na seguinte ligazón:

http://www.edu.xunta.gal/centros/cepsantategrateis/node/523

  

Equipo Directivo do CEP Plurilingüe Santa Tegra.

 

Axudas libros de texto e material escolar

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE

TEXTO E MATERIAL ESCOLAR, ASÍ COMO

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS

CURSO 2019-20

 

O DOG do 20 de maio publica a ORDE do 3 de maio pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2019/20.

  • Fondo solidario de libros de texto: alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria.
  • Axudas para a adquisición de libros de texto: alumnado de 1º e 2º de primaria.
  • Axudas para a adquisición do material escolar: alumnado matriculado en primaria.

As solicitudes presentaranse, dende o día 21 de maio ata o 21 de xuño de 2019 por un dos seguintes medios:

  • De forma presencial na SECRETARÍA DO CENTRO onde o alumnado curse estudos no vindeiro curso.

Farase unha única solicitude por familia e centro, incluíndo nela todos os fillos que estean escolarizados nel, agás no caso de que a solicitude se tramite por vía electrónica empregando a aplicación Fondolibros que será necesaria a presentación dunha solicitude por cada alumno.

 

O horario de secretaría para este fin será de 9:00 a 9:30 e de 13:30 a 14:00.


Será REQUISITO FUNDAMENTAL para acceder ao fondo

solidario, ou recibir as axudas para libros ou material

escolar TER DEVOLTO OS LIBROS do curso 2018-19.

 

Máis información dos termos da convocatoria no enlace ao DOG onde se publica:

DOG 20 de maio

A solicitude pode descargarse ou cubrirse online no seguinte enlace:

SOLICITUDE

 

..........................................................................................................................................................................................................................................

 

Distribuir contido