Axudas libros de texto e material escolar

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE

TEXTO E MATERIAL ESCOLAR, ASÍ COMO

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS

CURSO 2019-20

 

O DOG do 20 de maio publica a ORDE do 3 de maio pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2019/20.

  • Fondo solidario de libros de texto: alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria.
  • Axudas para a adquisición de libros de texto: alumnado de 1º e 2º de primaria.
  • Axudas para a adquisición do material escolar: alumnado matriculado en primaria.

As solicitudes presentaranse, dende o día 21 de maio ata o 21 de xuño de 2019 por un dos seguintes medios:

  • De forma presencial na SECRETARÍA DO CENTRO onde o alumnado curse estudos no vindeiro curso.

Farase unha única solicitude por familia e centro, incluíndo nela todos os fillos que estean escolarizados nel, agás no caso de que a solicitude se tramite por vía electrónica empregando a aplicación Fondolibros que será necesaria a presentación dunha solicitude por cada alumno.

 

O horario de secretaría para este fin será de 9:00 a 9:30 e de 13:30 a 14:00.


Será REQUISITO FUNDAMENTAL para acceder ao fondo

solidario, ou recibir as axudas para libros ou material

escolar TER DEVOLTO OS LIBROS do curso 2018-19.

 

Máis información dos termos da convocatoria no enlace ao DOG onde se publica:

DOG 20 de maio

A solicitude pode descargarse ou cubrirse online no seguinte enlace:

SOLICITUDE

 

..........................................................................................................................................................................................................................................