Curso 2009-10

O león Leocadio

 
Título O león Leocadio
 Este mes de xuño empezámolo fenomenal porque o día 1 disfrutamos dun contacontos na escola.
 Debuxos do alumnado A historia titulábase "O león Leocadio" e trataba dun león, Leocadio, que como estaba tan aburrido na súa casa saíu a facer deporte.
Primeiro foi correr, despois montou na bici, logo nadou co seu amigo o crocodilo e ao cabo dun rato quedou durmido mentres os seus pais chamaban por el:
-Leocadio, Leocadio, Leocadioooo!
Querían que voltara a súa casa e que fose buscar algún amigo.
Leocadio foi onda eles e atopouse cun elefante do que se faría moi bo amigo e vivirían aventuras moi divertidas.
 Debuxos do alumnado de 2º

ATTITUDES

O venres 21 de maio os rapaces e rapazas de 1º e 2º fomos a participar no PROGRAMA DE EDUCACIÓN VIAL "ATTITUDES", creado por Audi para colaborar na educación vial e ambiental.

 Gif fotos visita
 Gif fotos visita

O obxectivo principal é incidir na adquisición e formación de actitudes actuando no espacio público de acordo co que sexa mellor para todos e non so buscando o beneficio propio.

Pasámolo fenomenal e recibimos varios agasallos.

Agardamos poder repetilo o próximo curso. 

 

 

 

 

 

Poderás ver máis fotos se accedes á galería dende AQUÍ

Teatro 2º ciclo

 
Título e cartel
O alumnado do segundo ciclo asistiu no Centro Cultural Caixanova a esta representación tan fermosa.
Para acceder á galería de fotos pulsa AQUÍ
  Debuxos alumnado 3º
 “Os pais de Xan acaban de darlle unha triste nova: vanse separar. Xan non o entende e escapa.
A partir dese momento, o neno inicia unha “viaxe” na que vai coñecendo diferentes personaxes que lle axudarán a separación dos seus pais.


 “El niño colchón” é un espectáculo que fala dun dos maiores medos aos que se enfrentan moitos nenos hoxe en día: o medo á separación dos seus pais.
O espectáculo emocionante cun tema de candente actualidade, salpicado de momentos de humor e cancións en directo, onde se pretende dar a entender a importancia da boa comunicación; peza clave para establecer unha relación baseada no amor e o respecto mutuo.
 Debuxos alumnado 3º

CONTARTE

 

DURANTE ESTE MES DE ABRIL O CONCELLO

 

DE VIGO LEVA A CABO A CAMPAÑA "CONTaRTE"

 

COA QUE ACERCA AO ALUMNADO AO MUNDO

 

DO ARTE DUNHA MANEIRA LÚDICA E

 

DIFERENTE E FOMENTA O HÁBITO LECTOR.

 

O NOSO CENTRO TIVO A SORTE DE PODER

 

PARTICIPAR NESTA CAMPAÑA.

QON OLLO!  foi o obradoiro para os máis pequenos e aquí tedes o que lles pareceu a eles.

Hola amiguiños!!!!!

Esta semana os nenos de 1º ciclo tivemos unha actividade moi divertida que nos regalou o Concello de Vigo.

Raquel contornos o conto da Pulga e o Xigante. Despois debuxamos o percorrido  que facía a pulga no conto  nuns papeis especiais que nos deron. Pasámolo xenial. Ahí van as fotos.

Ata a próxima!!!!!

 

 
 

Q NINPINTADO! foi o título do obradoiro para os maiores.

A monitora Itziar, baseándose no libro titulado "Caderno do animalista", ensinounos a ver as obras de arte de outra maneira distinta e animounos a facer as nosas propias creacións con fondo de cadros coñecidos.

O resultado foi que fixemos as nosas propias obras de arte ao mesmo tempo que nos divertimos moito cos nosos compañeiros mentras o elaborábamos

PARA VER MÁIS FOTOS

Cine en galego

 
Debuxos alumnado de 2º
Ola amiguiñ@s:

O venres 12 fomos ao cine Yelmox a ver o filme "Doraemon e o Imperio Maia". Gustounos moito.

Trataba dun gato robótico, Doraemon, que tiña poderes máxicos e axudaba ao seu amo Nobita a recoller información sobre os antigos maias para facer unha obra de teatro na escola.

Grazas aos inventos de Doraemon, Nobita e os seus amigos puideron viaxar ata o país de Mayana, onde os rapaces viviron divertidas e perigosas aventuras axudando ao príncipe Thio a salvar o seu Imperio Maia loitando contra a bruxa Ledina.


Obradoiro de forxa para o 1º ciclo

 
Imaxes obradoiro
 Para acceder á galería de fotos pulsa AQUÍ
 Nestes debuxos, feitos  polo alumndo do 1º ciclo, quedou reflectida a visita a este Obradoiro de forxa.
 Gif debuxos alumnado 1º ciclo

Visitamos A CORUÑA

 
Titulo 

 O día 13 de xaneiro o alumnado de 4º, 5º e 6º, xunto coas mestras Ánxela, Esther e Conchi fomos A Coruña de excursión.
Visitamos: o  Acuario, a Casa das ciencias e o Museo do home.

No Acuario vimos unhas quenllas chamadas Gastón e Hermosa e tamén os seus ovos. Había todo tipo de peixes e tamén estrelas e cabaliños de mar...
Pasámolo moi ben.

 Mosaico fotos no acuario
 Mosaico fotos no Museo do home

No museo do home había distintas máquinas relacionadas cos olores e sabores.
Tamén vimos outras que medían: as pulsacións do corazón, a lonxitude do fémur, a forza e a velocidade dun lanzamento...
Chamounos a atención a proxección dun vídeo do parto dunha muller e gustounos moito unha peli que nos puxeron en 3D.
.

 

 

 

 

Que ven o pasamos na Casa das ciencias!
Estivemos xogando a moitísimas cousas: fixemos burbullas, vímonos reflectidos nunha fonte de calor, lanzamos unha pelota ao aire, dimos velocidade a auga en movemento dentro dun recipiente pechado...

E como remate tivemos unha sesión de cine no planetario facendo unha viaxe imaxinaria por distintos planetas.

 

 Mosaico fotos Casa das ciencias

 CANTO APRENDEMOS NESTA SAÍDA!!!

Pulsa AQUÍ para acceder á galería de fotos

Entrega de premios

Título

Estamos de NORABOA.

O belén realizado polo alumnado de 4º e dirixido pola profe Esther gañou o 1º premio no concurso de beléns organizado polo Mercado de Teis.

É a primeira vez que no mercado se organiza este concurso e, segundo manifestaron os seus representantes, a experiencia resultou positiva polo que poderían repetila outros anos e mesmo ampliala a outras celebracións.

Gif fotos entrega de premios

Naturnova

 
Titulo

O mércores día 2 de decembro, o alumnado de 4º, 5º e 6º, fomos a Naturnova, ao centro de Educación Ambiental. Visitamos tres salas.

Mosaico fotos visita Naturnova 

 Na primeira dedicada ao Universo coñecemos de forma lúdica, dinámica e interactiva (a través de xogos de ordenador, puzzles,...), os planetas do sistema solar…
Fixemos un simulacro dunha viaxe nun submarino, dando un paseo polo fondo da ría de Vigo. Nel coñecemos algunhas das nosas especies mariñas.
A segunda sala, mostrábanos o noso planeta, a importancia que ten o ciclo da vida (o aire, a auga, o chan, os seres que o habitan…).

Por último na terceira sala, O Home e o seu medio, observamos como empregar os recursos e como adoptar condutas responsables para evitar o seu deterioro.

Para acceder á galería de fotos pulsa AQUÍ

PINTURA e TEATRO

Título actividade

                       O día 23 de novembro os de 1º ciclo fomos cos de Paraixal ao teatro.

Para aproveitar a viaxe as nosas mestras decidiron levarnos á Fundación Caixanova.

Alí amosáronnos e explicáronnos tres cadros e unha escultura:
Un de Carlos Sobrino que trataba sobre a vida en Galicia fai uns 80 anos; era alegre e luminoso.
Outro de Castelao, bastante triste pois era dun emigrante que tiña que marchar a traballar fóra, as cores eran apagadas e escuras.
Un terceiro de R. Bóveda, un cadro abstracto, cheo de colorido e con moitas liñas e formas que nos recordaban a instrumentos musicais, de feito o pintor é violinista.

Por último, vimos unha escultura moi curiosa, eran bólas de billar de porcelana e representaban a alegría, por iso estaban cheas de cores brillantes.

Despois desta clase cultural fomos ao teatro a disfrutar da obra, “Historias de un árbol milenario”. Unha árbore fantástica, a través de contos, historias e fábulas, trataba de facernos entender a importancia do bosque, dos animais e, sobre todo, o respecto a Natureza e a vida.

Pasámolo estupendamente e aquí vós deixamos uns debuxos do que máis nos gustou.

Debuxos alumnado 2º 

A d e u s s s s ! ! ! !    

Distribuir contido