O día a día

NOVO CORREO ESCOLAR

 

 

   NOVO CORREO ESCOLAR  

 

                           Comeza un novo correo escolar para todo o alumnado de 3º de Primaria!!!

A novidade deste ano é que carteámonos non só o alumnado de relixión (como en anos anteriores) senón tamén o alumnado de valores co alumnado do CEIP Mosteiro - Bembrive; onde a mestra Berta comparte colexio.

Este trimestre pasado xa se fixo posible o primeiro contacto; felicitándonos o Nadal con postais e cartas para coñecernos: fotos, nomes, gustos, ilusións, amigos/as….

Recibimos as cartas con moitísima ledicia, comprobando que, nalgunhas cousas, non somos tan diferentes…

Este foi o resultado que podedes ver nos seguintes vídeos.  

ANXO FARIÑA

Obradoiro de igualdade con... Anxo Fariña!!!

O pasado 4 de decembro os rapaces e rapazas de 1º, 3º e 5º desfrutamos dun obradoiro impartido polo escritor e ilustrador vigués, Anxo Fariña, quen viu ao noso centro a presentarnos a súa obra, “A cidade violeta”. Ademais de aprender uns trucos especiais que nos axudarán a debuxar mellor, traballamos e reflexionamos sobre a importancia de conseguir a igualdade de xénero.

Esperemos que algún día, non moi lonxe, cheguemos a esta meta tan necesaria!!!

 

 

 

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

O día 3 de decembro celebrouse o "Día Mundial das Persoas con Discapacidade. Por este motivo, e co gallo do lema anual do noso centro dedicado á diversidade: "Somos iguais, somos diferentes. Somos persoas", decidimos levar a cabo varias actividades de sensibilización e concienciación co noso alumnado, intentando que viviran as experiencias e dificultades polas que teñen que pasar estas persoas no seu día a día. Porén, leváronse a cabo diversos obradoiros relacionados coa discapacidade visual, motriz, comunicativa, sensitiva e de recoñecemento de adaptacións de accesibilidade, como recoñecer obxectos polo tacto, facer percorridos con obstáculos sen visión, escritura en Braille, elaborar mensaxes mediante pictogramas e recoñecer en fotografías adaptacións na rúa para estas persoas, aparatos, obxectos, paneis... Para rematar fixose con todo o alumnado unha reflexion en grupo sobre as experiencias vividas nestes obradoiros".
Pensamos que a educación no respecto á diferenza debe ser un valor fundamental que se debe transmitir na escola.

Clicando na imaxe podedes ver unha mostra do que foi esta xornada tan especial e diferente.

A NOSA PORTA VIOLETA

No noso colexio tamén celebramos o

"Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller"

                   

   

 O 25 de novembro conmemoramos o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller para denunciar a violencia que se exerce sobre as mulleres en todo o mundo e reclamar políticas en todos os países para a súa erradicación.

No noso centro fixemos un proxecto conxunto chamado “A porta violeta”, tendo como referencia a canción de Rozalén La puerta vileta. Neste proxecto participamos todas e todos para darlle visibilidade a este día tan importante e axudar así coa nosa pequena aportación a loitar contra a violencia cara as nenas e as mulleres e poder avanzar na prevención deste mal que causa tanto dano e tantas mortes!

 Aquí vos deixamos unha imaxe da porta violeta que nós construímos chea de mensaxes contra o dano, as agresións e abusos que sofren moitas nenas e mulleres do mundo, pedindo para todas elas respecto, amor, igualdade, xustiza… e ofrecendo a nosa axuda, amor, agarimo, empatía, etc.

 

 La puerta violeta é unha canción de Rozalén que nós escoitaremos no colexio durante esta semana posto que é un homenaxe ás mulleres maltratadas.Sólo puede existir un mundo más amable si es de color violeta, si es entre iguales, si es feminista… El feminismo nace por la necesidad de Igualdad de Derechos entre hombre y mujer”.

"La puerta violeta" é todo un himno contra as agresións machistas.

CELEBRAMOS O DÍA DA MÚSICA

O pasado venres día 22 celebramos no noso cole a patroa da música, Santa Cecilia.

Despois do recreo, fixemos todos xuntos no ximnasio distintas actividades musicais.

Comezamos escoitando música en directo e debuxando o que pensabamos ou imaxinabamos en cada peza que a nosa mestra Esther tocaba.

A seguinte actividade foi un “coro de 104 alumnas e alumnos”. Entoamos curtas melodías que escoitabamos e logo tiñamos que repetir a modo de eco. Comezou o alumnado de primeiro e pouco a pouco foron incorporándose todos os cursos. E, a verdade, que non soaba nada mal!

Seguimos cunha danza do mundo chamada “Sete saltos” e rematamos a pequena xornada musical movendo o esqueleto ao ritmo de distintas músicas moi variadas.

Pasámolo moi ben nesta estupenda xornada adicada á música e á boa convivencia!!! 

No seguinte vídeo podedes ver unha mostra da nosa celebración.


Podes ver máis fotos clicando AQUÍ.

 

XORNADA DE BALONMÁN


O pasado 18 de Outubro todo o alumnado do centro tivo unha xornada de introducción ao balonmán. Vivenciaron diferentes actividades propias deste deporte. Foi unha xornada moi lúdica onde o pasaron moi ben.

Clicando en cada imaxe pódese ver unha mostra dese día.

MERENDAS SAUDABLES

Nas primeiras semanas de clase deste curso traballouse nas aulas a importancia de ter unha alimentación saudable, contribuíndo así a que o noso alumnado estea san e forte.

Elaboramos este cadro cunha distribución variada das merendas da semana .

Grazas ás familias por colaborar e promover hábitos de vida saudable!!!

 

 

 

APRENDENDO AS ARTICULACIÓNS

                                      

Na clase de 1º estamos a aprender as articulacións e como algunhas teñen uns nomes un pouco difíciles de recordar decidimos facer un pequeno baile que compartimos aquí convosco para que vexades que boa maneira de aprender o nome das articulacións e practicar o galego!

Pero… aínda temos que mellorar un pouquiño!!!

NÓS DÁMOSLLE A VOLTA

Esta semana a nosa escola sumouse a “Dale la Vuelta”, a campaña de sensibilización, impulsada pola APAMP (Asociación de Familias de Persoas con Parálise Cerebral), para conmemorar o Día Mundial da Parálise Cerebral que se vai celebrar o próximo 6 de outubro. Para elo, fixemos uns tarxetóns cheos de mensaxes nos que expuxemos ideas sobre que poderiamos facer para mellorar a vida das persoas que sofren este transtorno así coma dar a coñecer cales son os seus dereitos máis vulnerados. Os tarxetóns foron enviados á APAMP para facer unha árbore conxunta.
Para apoiar a todas estas persoas tamén nós lle demos a volta á realidade facendo unha foto do revés que aquí vos deixamos e así contribuír a viralizar esta campaña.
Non te perdas o vídeo, paga a pena velo!!!
VÍDEO
PINCHA NA FOTO E VERÁS O QUE FIXEMOS NO COLE.

 

Podedes ver as fotos na nosa GALERÍA DE FOTOS. 

Empezamos o curso

Con moito entusiasmo comezamos un novo curso escolar dando a benvida a todas as familias da nosa comunidade educativa.

 

 

Distribuir contido