Curso 2008-09

Escolas Viaxeiras

 
Título
O pasado mes de maio estivemos unha semana no País Vasco, participando das Escolas Viaxeiras. Foi algo moi especial, porque fomos ao País Vasco sen pais nin irmáns, só cos nos@s compañeir@s e a nosa profe. Alí coñecimos a nen@s coma nós de Gelves (Sevilla) e Medina del Campo (Valladolid).En xeral pasámolo moi ben , vimos moitisimas cousas interesentes, divertidas e importantes, aínda que tamén tiñamos que facer algúns exercicios. Aprendemos moito, tanto na convivencia como na aprendizaxe. Gustounos tamén porque fixemos moitas amizades. A comida era bastante rica, sempre comiamos todo…O último día pasámolo  moi ben na piscina e na discoteca.O viaxe de ida e de volta en tren foi moi entretenida.
O luns visitamos o Parlamento Vasco, o concello de Vitoria Gasteiz, a fábrica de xeados Nestle, o Dolmen de Egilaz e vimos una demostración de xogos vascos.

Mosaico 1º día 

 Mosaico 2º día O martes estivemos en Bilbao e coñecemos: o museo Guggenheim, o metro Bilbao, Portugalete, fixemos unha viaxe en barco pola ría e tivemos un pouco de tempo libre para visitar o casco vello da cidade.
O mércores estivemos na casa de Xuntas de Gernica, no pobo de Bermeo visitando un barco baleeiro e facendo entrevistas aos mariñeiros. Pola tarde visitamos a reserva de animais Urdaibai.  Mosaico 3º día
 Mosaico 4º día O xoves estivemos en San Sebastián e alí visitamos o acuario e o kutxaespacio (museo da ciencia) onde vimos unha película no planetario e coñecemos e xogamos a un montón de cousas divertidas.
O venres visitamos monumentos importantes de Vitoria como o Museo de Bellas Artes, o museo da armería, a catedral vella, a catedral nova… Pola tarde xogamos no complexo deportivo de Mendizorrota.  Mosaico 5º día
 Mosaico final Foi unha experiencia inolvidable, divertímonos moito, fixemos novos amigos doutras comunidades, aprendemos a convivir, a respectar o medio ambiente e moitas cousas máis. O mellor de todo: A DISCOTECA.

Excursión FIN DE CURSO

 
Título

 Nin a chuvia pudo impedir que o pasaramos tan ben en MARCELLE.

Foi unha experiencia estupenda. O sitio é precioso con moitos animais interesantes, algúns pouco coñecidos.

¡Que de cousas aprendemos!

Fotos Marcelle 
 

Podes ter máis información AQUÏ

Os sons das Cíes

 
Título
Debuxos do alumnado de 1º 

 Cando xa iamos empezar a traballar, á volta do recreo, os compañeiros e compañeiras de 2º chamaron a porta para dicirnos que era a hora de ir ver a exposición que fixeran os alumnos do Instituto de Audiovisuais de Bouzas. Puxémonos todos contentos porque un día máis aprenderíamos cousas novas fóra do colexio, en vez de ter as clases habituais dos xoves.

Fomos ao Centro cívico de Teis e disfrutamos dos "Sons das Cíes", que así se chamaba a exposición.

Escoitamos sons da terra, do mar e do aire, ao tempo que disfrutamos dunhas bonitas fotografías sobre a flora e a fauna típicas das Cíes, ademais ensináronnos moitos aspectos importantes destas fermosas illas que temos tan preto de nós.

Aos do 1º ciclo pareceunos moi interesante. Felicitamos e animamos aos rapaces de Audiovisuais para que sigan traballando así.

UN CONTACONTOS NO COLEXIO

Título

Que ben o pasamos co contacontos!

Como xa supoñedes

veu un contacontos

ao noso colexio

para contarnos un conto,

xa que é o que fan

os contacontos.

Non foi un conto normal e corrente

senón un, un pouco diferente

aínda que estabamos sentados

nós tamén participamos.

Algúns eran "cociñeiros"

outros faciamos distintos movementos

coas mans, coa cabeza, coas pernas e os brazos.

Rimos, falamos, gritamos e disfrutamos

ao tempo que as matemáticas repasamos

e o respecto e a tolerancia traballamos.

  Debuxos alumnado 1º ciclo

Preme AQUÍ para acceder á galería de fotos

 

¡Desexamos que volva de novo, outra vez

e outra vez, e outra vez...!

CORRELINGUA 2009

 Título

Como en cursos anteriores, alumnado e profesorado do centro, participamos con moita ilusión nesta actividade que ten a finalidade de defender a nosa lingua.

 
Queremos aprendela, conservala e dicir a todos que temos unha lingua propia. Por iso cremos importante tomar parte en todo aquilo que a coide, a valore e, en definitiva, a ame.
Este ano temos que darlle un toque de atención á organización, xa que, na nosa opinión, non foi boa. Para empezar, non tivemos camisetas para todos, só para dúas clases; non houbo palco na Praza do Concello, polo que non oímos o manifesto; o esforzo, sobre todo dos máis pequenos, de iren andando ata Castrelos non resultou recompensado pois as actuacións realizadas alí foron escasas, repetitivas e pouco adecuadas para eles.
Aínda así nós seguiremos estando aí para respectar e apoiar a NOSA LINGUA. Esperamos que o vindeiro ano se melloren estes aspectos na organización.

 Imaxe na Praza do Concello

Preme AQUI para acceder á galería de fotos 

TRABALLAMOS PARA MAMÁ

Título
 
Nesta animación podemos ver como o alumnado de 2º fixo un fermoso Portacandeas como agasallo para o Día da Nai

 

Traballo día da nai

 

VISITA AO MUSEO DE PONTEVEDRA

MUSEO DE PONTEVEDRA

(Pulsa AQUI para acceder a galería de fotos)

 O pasado día 2 de abril o alumnado do 3º ciclo visitou o MUSEO de PONTEVEDRA. Aínda que xa foramos fai dous anos, esta vez foi totalmente distinto.

Había unha exposición de cadros de pintura dos séculos XVII e XVIII 

 
Diante do museo
 Dentro do museo

Non pensedes que nos puxemos a velos... coma pampos, non.

Despois de dividirnos en grupos, dábannos unha foto dun obxecto que estaba nalgún cadro e nós tiñamos que buscalo polas salas, para saber a que cadro pertencía ese cachiño que nos derán. Algúns grupos encontraron todos, outros non.

 

Tamén aprendemos o que son bodegóns, atributos... e máis cousas.

Foi totalmente distinto pero moi divertido.

 

Visita ao Museo de Pontevedra

MUSEO DE PONTEVEDRA

(Pulsa AQUI para visitar a galería de fotos)

 O xoves, día 2 de abril, os nenos e nenas de 2º e 3º ciclo, fomos ao MUSEO de PONTEVEDRA.

Os de 3º e 4º curso fixemos un percorrido polas salas, mentres que os maiores facían outras actividades.

 
 Entrada ao museo
 
 ¡Que interesante!

O museo está nun antigo pazo e aínda conserva a súa decoración de papel das paredes, os mobles,...

Alí vimos pezas antigas da época da prehistoria que se encontraron en Galicia. ¡Tiñamos que buscalas con xogos de pistas!

Contáronnos fazañas de piratas, de conquistadores,... e descubrimos o interesante que é coñecer un barco

 
Coñecendo cousas dos barcos 
 
Escoitando con atención

Ensináronnos armas antigas, xoias, reproducións de barcos,... e ademais estivemos no camarote dun capitán.

¡Nós repetiriamos a visita!

Xardín botánico "ARBORETUM"

¡Que fascinante resulta aprender ao aire libre!

Pois si, a clase do venres 17 de abril para os de 1º, 2º, 3º e 4º foi inesquecible. Fomos ao "Xardín ARBORETUM Caixa Galicia" fundado polo vigués D. Francisco de Sales Covelo.

 Entrada do xardín
 Escoitando as explicacións  

 É un dos xardíns urbanos máis importantes do noso país, onde nos concienciaron da necesidade de amar e respectar a Natureza e o Medio Ambiente ademais de amosarnos unha chea de prantas, árbores e flores. Descubrimos especies botánicas sorprendentes e exóticas (orientais, carnívoras, acuáticas) sen esquecer as propias da nosa terra: O gran carballo.

 

Realizamos varias actividades pero o absolutamente marabilloso foi prantar unha semente. Agora todos temos que coidar a nosa prantiña como verdadeiros xardineiros 

 

Actividades

 Animamos a todos a visitar este xardín.

A entrada é gratuita.

Pódese visitar de luns a sábado en horario de 10:00 a 14:00 e de 15:30 a 19:30

O 2º ciclo prepara os seus disfraces

 

 SAÚL de 4º explícanos como fixeron os disfraces de HIPPIES nas clases do 2º ciclo

 "O primeiro que fixemos foi a cinta do pelo. Eu o que fixen foi cortar unha tira de plástico a miña medida, despois debuxei unha frase hippie con adornos. A miña foi esta: "PAZ e AMOR". Logo fixemos un medallón co símbolo dos hippies e por detrás o Yin Yang."

 Preparando os disfraces
 Preparandos os disfraces de hippies

 "O seguinte paso foi o traxe. O das nenas era diferente ao dos nenos. A min as medidas do meu traxe fíxomas profen Esther. O máis difícil do traxe foi o cinturón, tiñamos que dobrar un pouquiño e pegalo con celo, despois había que facer dous buracos pequenos co lapis e había que pasar un imprerdible xunto cunha tira de plástico polo espazo do anaco que tiñamos doblado."

 "A última prenda foi os quentadores, había que facer como o proceso anterior; había que cortar un anaco de plástico, dobrar un pouco e pegar con celo. Despois había que pasar o imperdible coa tira de plástico."

 Na clase de 3º preparan os disfraces

¡Canto traballaros estes rapaces e rapazas do 2º ciclo para preparar os seus disfraces!

Valeulles a pena o esforzo pois estaban chulísimos desfilando na festa do 20 de febreiro.

Distribuir contido