Curso 2011-12

Biblioteca Central

Os nenos e nenas de 1º ciclo empezamos moi ben o mes de marzo xa que fomos coñecer a

Biblioteca Pública Central de Vigo.

  
 

Está no casco vello, concretamente na rúa Joaquín Yáñez número 6, nun edificio de estilo modernista que data do ano 1889.

Inaugurouse como biblioteca no ano 1995 pero antes diso foi unha casa particular, un almacén, a sede dun banco e un casino.

 César, o bibliotecario, explicounos que a Biblioteca Central ten máis de 150.000 libros, tamén ten cd´s, películas, periódicos e revistas.

 Consta de cinco plantas, aínda que nós só visitamos a que nos corresponde pola nosa idade que é a infantil e xuvenil, destinada a rapaces e rapazas de cero a catorce anos.

Ten unha enorme sala de lectura e, dentro desta, unha “bebeteca”, a zona dos máis pequenos onde as familias poden contarlles contos aos nenos e as nenas de cero a tres anos.

 Ao fondo da sala de lectura está a sala de actividades, onde os sábados pola mañá hai ”contacontos” e cursos de pintura e cómic.

 Pasámolo fenomenal vendo e consultando unha chea de libros “pop-ups” moi especiais. Son libros que teñen figuras e formas tridimensionais.

Había libros de princesas, fadas, piratas, monstros, dinosaurios, do corpo humano, do espazo, de casas, robots e un longo e interminable etcétera.

Aprendemos moitas cousas sobre como funciona unha biblioteca e o que se pode facer nela, pero o máis importante do que aprendemos é que HAI QUE COIDAR MOI BEN OS LIBROS para que todos poidamos disfrutar deles.
Esperamos poder volver algún día e a moitos de nós gustaríanos facernos socios e disfrutar de todo o que nos ofrece que ademais é de balde.
  
  Para ver máis fotos, visita este enlace á GALERÍA

Visitamos o Centro de día Atalaia

  
O pasado 14 de maio, o alumnado de sexto curso fomos pasar un rato coas personas maiores do Centro de día Atalaia.
Representámoslle a obra de teatro “Operación de corazón”.
Eles ensináronnos o centro e tamén as manualidades que fan. Eran preciosas! Cantamos cantigas, unha delas había que levantar a man cando se nomeaba o mes no que nacera cada un e algún dos maiores cumplían anos tódolos meses. 
Mosaico coas imaxes do teatro
  Foto de grupo

Ao final comemos todos caramelos e fixemos fotos.

PASAMOS UN MOMENTO MOI AGRADABLE.

Obradoiro froita

                                      
                                                      

No noso colexio disfrutamos de moitas actividades, todas elas educativas, formativas e lúdicas.

Esta consistiu nun obradoiro sobre os beneficios dos alimentos que nos axudan a estar sans e fortes, entre os que se atopan as froitas, as verduras e as legumes.

Ángela deunos unha charla sobre a necesidade de tomar a diario froitas e hortalizas e invitounos a uns espetos de froita fresca moi saborosos.
Falounos do “Club Vitaminas” que é un programa creado por “Frutas Nieves” para achegar a froita aos máis cativos.

   Dun xeito lúdico aprendemos que as froitas e as hortalizas axudan a coidar o corazón, o cerebro, a pel, os ósos, os riles… e a manter o noso peso equilibrado. 

Ademais algunhas delas, coma as uvas mesmo combaten o esgotamento mental, ou coma as cenorias que manteñen a pel moza, ou as fabas que son moi necesarias para que os riles funcionen correctamente.

Por todo isto debemos tomar cinco racións de froitas e hortalizas ao día, tres de froita e dúas de hortalizas.
Tamén aprendemos que os colorantes, conservantes e potenciadores de sabor son unhas substancias moi utilizadas nos bolos industriais e nas lambetadas e que debemos consumir ocasionalmente.

 

O máis divertido foi facer os espetos de froitas e comelos.

A froita estaba tan boa que non deixamos nin un pequeno anaco nas bandexas.

COMÉMOLA TODA!

Como colofón, regaláronnos uns diplomas por participar neste obradoiro tan apetitoso e unhas pegatinas para recordarnos a importancia de incluír froitas e hortalizas na nosa dieta diaria.

   

VISITAMOS AS ILLAS CÍES

    O pasado 7 de marzo tivemos a gran sorte de visitar as Illas Cíes.

   Isto foi grazas á Consellería de Medio Rural que nos costeou a viaxe no barco e ensinounos case todo sobre as Illas.

   Na viaxe do barco o pasamos fenomenal.

   Compartimos a experiencia cos colexios de Sobreira - Valadares e as Calasancias.

   Cando chegamos ás Illas o noso guía SUSO organizounos en grupos.

   Cada grupo tiña que facer diferentes actividades.

   Con estas actividades aprendemos moito sobre a flora, a fauna e a súa protección.

   Aprendemos un montón de cousas que non sabiamos.

       Foi un día estupendo.

   Todos xuntos aprendemos moitas cousas que non sabiamos, compartimos momentos marabillosos e pasamos un día totalmente distinto.

   Oxalá poideramos ter máis experiencias como ista.

   O noso agradecemento á Consellería de Medio Rural e ao noso guía Suso.

Máis fotografías neste enlace á GALERÍA

Camiña con nós pola Igualdade

  
O martes 31 de xaneiro, os alumnos e alumnas de 2º nivel empezamos a nosa xornada escolar asistindo, na biblioteca do noso colexio, a unha charla que nos deu Mara, unha traballadora do Concello de Vigo.
O tema era a igualdade das persoas.
Aprendemos, a través de varias actividades lúdicas e dun pequeno conto que aínda que todas as persoas temos un aspecto físico diferente, debemos gozar dos mesmos dereitos.
Expresamos os nosos sentimentos a través de xestos e abrazos e Mara recordounos a importancia de respectar os sentimentos dos demais aínda que non sexan iguais aos nosos. 
Aquí vos deixamos estas fotografías para que vos fagades unha idea de como foi a charla.

Día da música

O día 22 de Novembro foi Santa Cecilia, a patroa dos músicos. Este ano, no cole, celebrámolo con distintas actividades musicais que preparou a nosa mestra Esther.
A última hora da mañá, xuntámonos todos os cursos para disfrutar coa música.
Escoitamos cos ollos pechados e debuxamos o que a música nos suxire.  
   Seguimos o ritmo da música.
Mentres escoitamos a música algúns representan con mimo distintas situacións que os demais teñen que adiviñar.  
  Ao final relaxámonos todos coa música antes de marchar.

Vivimos a música dun...

XEITO ESPECIAL

 

BELÉN DO ALUMNADO DE RELIXIÓN

Este Belén tradicional montouse no corredor da aula de Relixión.

As estrelas foron pintadas polo alumnado de 1º a 6º de Relixión e escribiron nelas o seu nome.

Froita na escola

O noso centro está a participar no programa que ofrece o Fondo Galego de Garantía Agraria, FOGGA, para o consumo de froita nas escolas.

O programa consta, por un lado de distribuír entre o alumnado froita para o consumo na escola e por outro ofrece obradoiros para o alumnado de 1º, 2º e 3º nos que poderán elaborar sinxelas receitas a base de froita. Os obradoiros realizaranse no mes de MARZO, o día 7 para 2º e 3º e día 9 para 1º.

A distribución de froita no recreo farase nas seguintes datas:

3 ao 7 de outubro de 2011

12 ao 16 de marzo de 2012

16 ao 20 de abril de 2012

Estas son as imaxes da primeira semana.

 

  Máis información sobre o programa no seguinte enlace: froitas nas escolas

O apartado de "Medidas de acompañamento" conta con xogos didácticos para facilitar aprendizaxes relacionadas coas froitas e verduras.

Distribuir contido