MOCHILAS VIAXEIRAS

Da man do trasno FERVELLO, a mascota da nosa biblioteca,

e organizado polo equipo da mesma, comezamos unha nova

andaina coa posta en marcha das MOCHILAS VIAXEIRAS,

que cada semana viaxarán cun alumno de cada curso ás súas

casas para que en familia poidan pasalo xenial co material

que conteñen.

 

 

CARTA ÁS FAMILIAS

   

Moitas grazas Fervello

 
Título Chegaron os Carnés
 

Fervello volveu sorprender, outro curso máis, ao alumnado de 2º coa chegada dos carnés lectores.

Esta vez agachounos debaixo das sillas! Menos mal que nos mandou unha carta dándonos unha pista porque senón non os atoparíamos.

Agora xa poderemos visitar a súa biblioteca e pasalo moi ben co montón de contos que alí ten.

 Gif coas fotos da chegada dos carnés
 

GRAZAS FERVELLO, prometemos ser moi bos lectores.

MALETÍN VIAXEIRO

 
Fervello e o maletín

Contentos e sorprendidos recibiron no 1º ciclo os agasallos do trasno Fervello. 

Eran... dous maletíns, un para cada clase.

Pero non eran uns maletíns calquera, non, eran... uns MALETÍNS VIAXEIROS con dous contos en lingua galega en cada un.

 



 Mosaico chegada maletín a clase de 1º
 Mosaico fotos da chegada do maletín a clase de 2º

 Ademais dos contos traía unha carta de Fervello na que dícia que, como lles gustaba tanto ler, prestáballes o maletín cos contos para que puideran levar a súa casa e pasalo ben lendo coas súas familias.

Podedes ler a carta pulsando AQUí

Dende os Equipos de Normalización Lingüística e Biblioteca estamos moi contentos co recibimento que os maletíns viaxeiros tiveron nas aulas.Animámosvos a ler os contos coas vosas familias e así Fervello agasallaravos con outros de seguro tan interesantes e divertidos como estes.