Animación á lectura

CARNÉ LECTOR

 
Título

VAIA SORPRESA

Na clase de 1º estabamos traballando cando nos chegou un paquetiño. Puxémonos algo nervosos pois non sabiamos quen nolo mandaba nin que habería dentro. Abrímolo rapidamente e...  alí estaban, os CARNÉS LECTORES co noso nome e a nosa foto e tamén unha carta de Fervello. Encantáronnos e prometemos que iamos ler moito pois como nos dicía Fervello na súa carta: "LENDO VERÁS A DE AVENTURAS QUE VIVIRÁS".

 Fotos cos carnés

   

Mascota da biblioteca

Este é FERVELLO,

a mascota da nosa biblioteca.

Un bo día, do curso 2007-2008, chegou o noso colexio disposto a quedarse para axudarnos a ser grandes lectores pois a el, o que máis lle gusta no mundo é LER.

Todos os días, a toque de campaiña, nos avisa de que chegou a HORA DE LER. Non quere que nos esquezamos da necesidade de ler a diario.

Por iso, de vez en cando mándanos cartas, avisos ou algunha que outra recomendación sobre os libros.

Este é o seu lema:

"Ler con sentido sempre é... DIVERTIDO".

 

Trasno Fervello

 

Os libros falan da PAZ

Na Biblioteca do TRASNO FERVELLO celebramos o Día da Paz cunha exposición de libros relacionados co tema para que poidera ser visitada por toda a Comunidade Educativa.

Libros de PAZ

Tamén se elaborou un díptico explicativo que recolle unha pequena historia do significado do Día da Paz e un Decálogo para crecer en PAZ.

 Podes acceder a el no enlace Cultura de Paz

Distribuir contido