Outono

MAGOSTO

O venres 15 de novembro celebramos no noso colexio, un curso máis, o magosto. Mentres se asaban as castañas divertímonos moito cos seguintes xogos: baile da castaña, serpe-carreira tola, os birlos saltóns, castañas por un tubo e castaña na culler. 

Foi unha xornada moi divertida que rematou comendo as riquísimas castañas.

 

Podes ver máis fotos clicando AQUÍ.

SAMAÍN

 O 30 de outubro celebramos no colexio o Samaín. Fixemos grupos con alumnado mesturado de todas as clases e xogamos a:

- A BOLSA MÁXICA DE SAMAÍN

- A BRUXA E OS ZOMBIS

- A PANTASMA

- OS MORCEGOS

- VAMPIROS CONTRA ZOMBIS

Pasámolo de medo!!!!

Nos seguintes enlaces podedes ver unha mostra da xornada.

   

Podedes ver as fotos na seguinte ligazón SAMAÍN 2019.

 

 

Last week, all the students in the school and the English teachers have celebrated a very scary day: HALLOWEEN!!. Peter, our language assistant, told us about this popular tradition in Great Britain and North América. We also made Halloween crafts such as spiders and bats with differents materials and using the origami technique. We´ve learned a lot and we had a great time!

 

   

Magosto 2018

 

Pasámolo xenial na xornada dedicada ao Magosto. Foi un día moi especial con actividades lúdicas que compartimos todo o alumnado do colexio.

Antes do recreo tivemos tres OBRADOIROS de coñecemento do PEÓN. Máis información no blog GALEGUEAMOS???.

Logo, despois do recreo levamos a cabo os nosos tradicionais XOGOS POPULAES nos que, por quendas, fomos participando de 1º a 5º. O alumnado de 6º fixo un labor excelente exercendo de monitores dos mesmos. Máis información no blog EN FORMA... PORQUE NOS TOCA.

Ao final, como recompensa, chegou a CASTAÑADA.

Que boas e ben asadiñas estaban as castañas!!!

   

 Máis imaxes na GALERÍA DE FOTOS

Magosto 2017

O venres 10 de novembro celebramos o Magosto. Foi un día moi intenso pero tamén moi especial.

Comezamos a mañá disfrutando das charlas

sobre o manexo do peón que impartiron

José Manuel Míllara, titor de 2º e

Manel Porteiro Rives, titor de 3º.

Grazas a eles aprendemos un montón e logo,

na hora do recreo, tivemos a oportunidade

de bailar o peón ou, polo menos, de intentalo!

 No tempo de lectura subimos ás aulas para colocarnos o noso distintivo de castaña: algúns cursos levaban

un colgante de castaña, outros levabamos unha cinta na cabeza e tamén había os que lucían a castaña

como un broche colgado no peito. Estabamos todos moi ilusionados por comezar!

Houbo cinco xogos polos que fomos rotando cada dez minutos ata participar en todos eles.

O alumnado de 6º fixeron de monitores dos xogos. Organizaron todo tan ben e axudáronnos tanto,

que ata o equipo directivo os felicitou!!!

   
   
   

Ao rematar os xogos, collemos os nosos cucuruchos de papel de xornal e algunhas nais da ANPA con moi boa vontade, enchéronos de castañas ben asadiñas polo conserxe do colexio.

Foi un momento moi agradable que disfrutamos xunto aos nosos compañeiros e profesores nun precioso día de sol.

Máis fotos no segunte enlace: GALERÍA DE FOTOS

SAMAÍN

 

O DÍA 31 DE OUTUBRO TIVEMOS A SORTE DE VER UNHA REPRESENTACIÓN DE TEATRO ORGANIZADA POLA ANPA DO NOSO COLE PARA CELEBRAR O DÍA DE SAMAÍN.

PASAMOS UN RATO DIVERTIDO VENDO ESTA OBRA E DISFRUTAMOS MOITO.

CLICANDO NA FOTO PODEMOS VER UNHA PEQUENA MOSTRA DO QUE VIMOS.

 

11 de NOVEMBRO

Despois dun estupendo e longuísimo verán, por fin, chegou o esperado outono e con el o tempo de comer as exquisitas castañas asadas e celebrar o Magosto.


Este día 11 do 11 foi moi divertido para nós.

Os mestres José Manuel e Manel explicáronnos como se lanzan os trompos e como xogaban con eles os nenos na rúa. Ademais, José  Manuel, que é todo un experto, explicounos con todo detalle como se facían e que madeiras se usaban para construílos.

 Unha vez rematadas as charlas puidemos practicar este xogo coa axuda dos mestres, peeerooo non creades que é tan doado!!!

Rematamos cos trompos e pasamos a participar noutros xogos populares, esta vez con castañas: Xogamos a encestalas, ao tres en raia, a empurralas polo camiño da serpe, a bailar en parellas cunha castaña na fronte, a levar na boca unha culler cunha castaña e ata as carreiras de sacos!!! 

 Os compañeiros de 6º explicáronnos os xogos moi ben, correndo incluso algún perigo porque alguén levou algún castañazo que outro cando non atinabamos ben;))…

 
Para rematar a xornada, PREMIO: chegaron as castañas asadas!! Cada un de nós collemos un ou dous cucuruchos de castañas ben asadiñas, que ricas, tan quentiñas e chamuscadiñas!!! Acabamos coa cara e as mans negras e as barrigas cheas!!!!! MMMMMMMMmmmmmmmmmm, ñam , nñanm!!!!
   
 

Agradecémoslles a José Manuel, Celso e as nais que picaron e asaron as castañas con todo o seu cariño e a Esther e as monitoras do comedor que fixeron moitos cucuruchos con algún de nós!!!

Día do peón

“Polo San Martiño peóns ao camiño”

Como todos os anos o 11 de novembro celebramos “ O día o peón”; este ano coa sorte de recibir a visita de dous maiores do Centro de Día Atalaia: Jose e Bene, que nos recordaron a todos como eran os péons cando eles eran cativos, o tipo de madeira coa que se construía, a punta do peón, a corda coa que se fai bailar, e o máis importante…Como se facía bailar o peón.

Logo, ao rematar estivemos todos practicando con eles no recreo, poñendo en práctica as súas leccións de sabiduría.

 

  Moitas grazas Jose e Bene por compartir connosco os vosos saberes.

Máis fotos na nosa GALERÍA DE FOTOS

Actividades de OUTONO

 

EXPOSICIÓN DE CABAZAS

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

XOGOS POPULARES

CASTAÑADA

Actividades de outono

Que ben o pasamos o día do San Martiño!

Podes comprobalo visitando os seguinte enlaces:

Blog GALEGUEAMOS???

Día do Magosto

Día do Peón

SAMAÍN 2013

A pesar de que a data coincidiu en día non lectivo, non quixemos esquecer a festa do SAMAÍN, lembrando así a antiga tradición celta. Máis información

Por iso nos días previos, as nosas clases convertéronse en obradoiros nos que confeccionamos adornos de medo para decorar as aulas e os corredores.

 Cadeas pantasmagóricas, escalofriantes morcegos, arrepiantes candeas e terroríficas pantasmas voadoras  pululan aínda polo colexio.

Ademais, como xa é costume no noso colexio, durante o mes de novembro poderemos visitar a exposición de libros "DE MEDO... NADA" e viaxar a través da lectura polo mundo do medo.      

Para ver máis fotos visita o enlace á nosa Galería de fotos

Distribuir contido