Curso 2008-09

VISITA AO MUSEO DE PONTEVEDRA

MUSEO DE PONTEVEDRA

(Pulsa AQUI para acceder a galería de fotos)

 O pasado día 2 de abril o alumnado do 3º ciclo visitou o MUSEO de PONTEVEDRA. Aínda que xa foramos fai dous anos, esta vez foi totalmente distinto.

Había unha exposición de cadros de pintura dos séculos XVII e XVIII 

 
Diante do museo
 Dentro do museo

Non pensedes que nos puxemos a velos... coma pampos, non.

Despois de dividirnos en grupos, dábannos unha foto dun obxecto que estaba nalgún cadro e nós tiñamos que buscalo polas salas, para saber a que cadro pertencía ese cachiño que nos derán. Algúns grupos encontraron todos, outros non.

 

Tamén aprendemos o que son bodegóns, atributos... e máis cousas.

Foi totalmente distinto pero moi divertido.

 

Visita ao Museo de Pontevedra

MUSEO DE PONTEVEDRA

(Pulsa AQUI para visitar a galería de fotos)

 O xoves, día 2 de abril, os nenos e nenas de 2º e 3º ciclo, fomos ao MUSEO de PONTEVEDRA.

Os de 3º e 4º curso fixemos un percorrido polas salas, mentres que os maiores facían outras actividades.

 
 Entrada ao museo
 
 ¡Que interesante!

O museo está nun antigo pazo e aínda conserva a súa decoración de papel das paredes, os mobles,...

Alí vimos pezas antigas da época da prehistoria que se encontraron en Galicia. ¡Tiñamos que buscalas con xogos de pistas!

Contáronnos fazañas de piratas, de conquistadores,... e descubrimos o interesante que é coñecer un barco

 
Coñecendo cousas dos barcos 
 
Escoitando con atención

Ensináronnos armas antigas, xoias, reproducións de barcos,... e ademais estivemos no camarote dun capitán.

¡Nós repetiriamos a visita!

Xardín botánico "ARBORETUM"

¡Que fascinante resulta aprender ao aire libre!

Pois si, a clase do venres 17 de abril para os de 1º, 2º, 3º e 4º foi inesquecible. Fomos ao "Xardín ARBORETUM Caixa Galicia" fundado polo vigués D. Francisco de Sales Covelo.

 Entrada do xardín
 Escoitando as explicacións  

 É un dos xardíns urbanos máis importantes do noso país, onde nos concienciaron da necesidade de amar e respectar a Natureza e o Medio Ambiente ademais de amosarnos unha chea de prantas, árbores e flores. Descubrimos especies botánicas sorprendentes e exóticas (orientais, carnívoras, acuáticas) sen esquecer as propias da nosa terra: O gran carballo.

 

Realizamos varias actividades pero o absolutamente marabilloso foi prantar unha semente. Agora todos temos que coidar a nosa prantiña como verdadeiros xardineiros 

 

Actividades

 Animamos a todos a visitar este xardín.

A entrada é gratuita.

Pódese visitar de luns a sábado en horario de 10:00 a 14:00 e de 15:30 a 19:30

Distribuir contido