Curso 2008-09

28 de marzo, A RECONQUISTA DE VIGO

 Na clase de 1º traballamos   "A RECONQUISTA DE VIGO"

DEBUXO DA PORTA DA GAMBOA

Esta é a porta de GAMBOA pola que entraron os franceses para invadir a cidade de Vigo

Fai 200 anos os vigueses e viguesas, coa axuda dos ingleses que tiñan unhas fermosas fragatas chamadas "Lively" e  "Venus" fondeadas na ría de Vigo, botaron aos franceses, "gabachos"", da cidade.

Uns mil cincocentos homes do exército francés marcharon con temor e pánico cara aos barcos ingleses que os levarían prisioneiros.

Festa Entroido 2009

Xa pasou o Entroido. A festa?... FOI XENIAL. Que divertidos estabamos todos e todas. As músicas de época foron enchendo pouco a pouco o colexio.

(Preme AQUÍ para acceder á galería de fotos)

Os do 1º ciclo empezaron o desfile. Aí viñan..., de TUNOS, guapísimos, coas súas cintas, as escarapelas, as capas e ata pandeiretas. A música da "Tuna Compostelá" soaba no patio e mentres os máis pequenos do colexio se movían e bailaban co seu ritmo, seguro que non faltou alguén que, con certa nostalxia, tarareara aquilo de "...non te enamores, compostelana..."

Debuxo de tuno feito por María de 2º
Debuxo de hippie feito por Adrián de 3º

Detrás os do 2º ciclo, con cara de felicidade. Chegaban de... HIPPIES, libres, relaxados, repartindo paz e amor para todos. A súa música tan suave, e relaxada era un tema de "Mama´s and the papa´s" que escoitabamos mentres eles ían preparando a guitarra e as súas voces para cantarnos unhas copliñas coas que aínda nos desexaban máis paz e amor.

¡Que tranquiliños e relaxados quedamos! Ata que... chegaron os do 3º ciclo viñan cunha marcha que non se podía aguantar, claro eran ROCKEIROS, coas súas camisetas decoradas con calaveiras, chapas,... Empezaron a moverse a ritmo de "O Mago de Oz", cunha enerxía que non había quen os parase. Co seu baile e cantando "Festa pagana" animaron un montón ao público e deixaron un bo recordo para "Os fillos do rock and roll".

Debuxo do disfraz de rockeiro feito por Sergio de 6º

Acabaron as actuacións e chegou a verdadeira festa. No patio empezaron a soar unha chea de cancións divertidas coas que os máis atrevidos e atrevidas foron perdendo o sentido do ridículo. De primeira a xa tradicional "Garbancito" e despois seguiron "Una mané", "Du Dua", "La Mosca", "Baile del marinero",...

CENTRO CULTURAL CAIXANOVA

 

O venres, 13 de marzo, os nenos e nenas do 1º ciclo, xunto coas profes Eva, Amparo e Chus fomos ao Centro Cultural Caixanova para ver a obra de teatro "LÍO EN LA GRANJA", pola compañía La Baldufa.

Piñote e Calabacín, con moito humor, fóronnos contando o lío que se montou na granxa cando desapareceu o ovo de dona Galiña.

Quizais llo roubaran. Sería a vaca, o porco, o gato, a ovella o rato ou sería... o corvo, o que ninguén coñecía porque acababa de chegar a granxa?

 

 A obra, contada en forma de fábula, trataba temas como a tolerancia, a inmigración, o racismo,... A partir de personaxes tan coñecidos como son os animais, os nenos e nenas chegan facilmente a comprensión do inxusto que pode ser facer acusacións inxustificadas contra alguén polo simple feito de ser doutro lugar.

Distribuir contido