Con moito entusiasmo comezamos un novo curso escolar dando a benvida a todas as familias da nosa comunidade educativa.
Con moito entusiasmo comezamos un novo curso escolar dando a benvida a todas as familias da nosa comunidade educativa.
C E L E B R A M O S O S M A I O S |
Coma outros anos o alumnado de 5º foi celebrar os maios (festa de orixe Celta que rememora a chegada da primavera) co alumnado do seu antigo colexio da Escola Infantil Monte da Guía, o pasado 16 de maio. |
Despois de xogar un pouco cos pequerrechos, fomos ao patio cuberto onde lle cantamos as coplas que levabamos preparadas para eles e posteriormente ensinámoslle a danza “sete saltos” de Dinamarca que interpretamos todos xuntos en pequenos círculos. |
Bos días a todos nenos e nenas deste colexio imos contarvos historias tedes que estar moi atentos. |
Somos alumnos de quinto do colexio Santa Tegra e tamén damos bos días a todas as vosas mestras. |
Para escoitarnos ben tedes que estar caladiños, os peixiños e pitiños mais tamén os coelliños. |
|||||||||||||||||
Cando eramos máis pequenos moitos fomos a este cole e que ben que o pasamos non vos estraña que vos mole. |
Antes había unha fonte que moita auga botaba saía un chorro ata as nubes que mollaba, que mollaba |
Un día tocou o timbre escindímonos as nenas non imaxinades onde nunha casa de madeira. |
|||||||||||||||||
Estivemos un bo rato ata que nos atoparon e cando se deron conta un castigo nós levamos. |
Moito tempo nós pasamos cando tiñamos recreo e o que máis nos gustaba era sempre o areeiro. |
Tedes que pasalo ben pero sen facer trasnadas senón de tanto caer levades pernas moradas. |
|||||||||||||||||
A convivencia dos maios queremos agradecervos agora xa rematamos ata a próxima xuntarnos. |