Matrícula

MATRÍCULA 2021-22

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA

Do 20 ao 30 de xuño é o periodo para formalizar a matrícula do alumnado novo. O centro porase en contacto coas familias para organizar citas para recoller a seguinte documentación:

- Anexo III-1 de Formalización de matrícula (documento anexo).

- 2 fotos carné do alumno/a

- Copia dos DNI-NIF dos pais ou titores legais e do alumno/a.

- Copia do libro de familia.

- Copia da tarxeta sanitaria.

- Copia da tarxeta das vacinas.

- Fotocopia da sentencia que adxudica a tutela, no caso de separación ou divorcio.

ADMISIÓN 2021-2022

 PROCESO DE ADMISIÓN CURSO 2021-22

 

Segundo establece a normativa vixente, do 1 ao 22 de MARZO establécese o prazo para presentar as solicitudes de admisión para o curso 2021-22.
A tal efecto deberán entregar, debidamente cumprimentado, NO CENTRO QUE ELIXAN EN PRIMEIRO LUGAR, o modelo oficial da solicitude ANEX0 II (ED550B), acompañados da seguinte documentación:

  • Fotocopia do libro de familia.

  • Documento acreditativo de estar en disposición de reunir os requisitos académicos esixidos en cada nivel educativo ou etapa nos termos do anexo II.

  • Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor, de darse o caso.

  • Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar, cando denegue a súa consulta.

IMPORTANTE: A solicitude pode asinala calquera das persoas titulares da patria potestade, cando se refiran a fillos/as comúns dun matrimonio non separado legalmente nin divorciado ou dunha parella de feito debidamente inscrita no rexistro de parellas de feito  de Galicia.  Nos demais casos deben asinalas das dúas persoas titulares, agás que se acredite a patria postestade con carácter exclusivo ou por situación de violencia de xénero.

PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES:  poden cumprimentar a solicitude

  • A través da SEDE ELECTRÓNICA, cubrindo a solicitude na aplicación de admisión de alumnado, co certificado dixital ao a chave 365.

  • Solicitándoas impresas no centro.

  • Descargando os impresos na aplicación de admisión de alumnado, ou cubríndoos na propia aplicación :

      http://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado

no menú: Solicitudes – Admisión – Crear solicitude admisión

IMPORTANTE:A solicitude, manual ou xerada a través da web, deberá presentarse en papel no centro que escollan de primeira opción.

En documentos adxuntos atoparedes unha guía para cumprimentar as solicitudes

Para presentar as solicitudes na secretaría do centro deberá pedir cita previa chamando por teléfono 886 120 228 ou por correo electrónico cep.santategra.teis@edu.xunta.gal

 

 DOCUMENTACIÓN PARA A BAREMACIÓN NO PROCESO DE ADMISIÓN

Cando a demanda de prazas escolares sexa superior á oferta, o centro abrirá un prazo de 10 días hábiles, contados a partir dos 2 días seguintes ao remate do prazo de presentación de solicitudes, para presentar, de forma presencial no centro, a documentación xustificativa dos criterios xerais de admisión alegados pola persoa solicitante.


Non obstante, no caso de que a persoa o autorizase expresamente na solicitude, consultaranse de forma automática a través de "admisionalumnado" e non será necesario acreditar os datos relativos a:

  • Non fai falta presentar cando non se opoñan á consulta:
    • Domicilio fiscal e renda per cápita da unidade familiar.
    • Condición de familia numerosa.
    • Discapacidade do alumno/a, proxenitor/a, titor/a legal, irmáns recoñecida pola XUNTA.
  • Deberase presentar a documentación para o resto dos criterios. No caso da información sobre o domicilio habitual deberase aportar o volante histórico de convivenia.

 

No caso de oporse á consulta deberá traer tódolos documentos. 

 

No caso de empate a puntuación final, resolverase atendendo á maior puntación obtida en cada un dos referidos criterios atendendo a seguinte orde de prerelación:

  1. Existencia de irmáns matriculados no centro.

  2. Nai, pai, titores/as que traballen no centro.

  3. Proximidade ao domicilio familiar ou  ao lugar de traballo da nai, pai ou titores/as legais.

  4. Renda anual per cápita da unidade familiar.

  5. Condición de familia numerosa.

  6. Condición de familia monoparental.

  7. Concorrencia de discapacidade na alumna ou alumno, na nai, pai ou titores/as legais, ou irmáns/ás.

  8. Criterio establecido polo centro.

 

SORTEO PÚBLICO PARA EFECTOS DE DESEMPATE. premendo no seguinte enlance.

Unha vez aplicados estes criterios se seguira habendo empate procederíase a  aplicar o resultado do sorteo público realizado pola Consellería na última semana de febreiro.

 

En documentos adxuntos atoparedes os criterios e puntuacións para a baremación

 

SOLICITUDES FÓRA DE PRAZO presentadas do 23 de marzo ata o 18 de maio.

A solicitude deberá vir acompañada pola seguinte documentación:

  • Volante histórico de convivencia.
  • Documentos de identidade de ambos proxenitore.
  • Fotocopia do libro de familia.
  • Certificado de matrícula do centro de orixe.

 

NORMATIVA:

 

 

POSTOS ESCOLARES VACANTES

Publicaranse no taboleiro do centro antes do 1 de marzo.

En documentos adxuntos atoparedes o listado das vacantes para o curso 2021-22.

 

PUBLICACIÓN DAS LISTAXES

De xeito presencial únicamente no taboleiro do propio centro, no interior do edificio escolar, debido á lei de Protección de datos.

Os listados provisionais de admitidos e excluídos publicaranse antes do 25 de abril. O prazo para a reclamación é de 5 días hábiles dende o seguinte á publicación.

Os listados definitivos publicaranse antes do 15 de maio.

A través da aplicación admisiónalumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital.

 

FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA

O prazo será do 20 ao 30 de xuño.

 

Preme para ver o Mapa de centros de educación infantil e primaria por zonas.

Documentos adxuntos:

Criterios e puntuación para a baremación

Guía para cumprimentar a solicitude

Vacantes para o curso 2021-22

 

 

RESERVA DE PRAZA CURSO 2021-22

RESERVA DE PRAZA CURSO 2021-22

 

Segundo establece a ORDE do 8 de decembro do 2020 e a ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos, do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro establécese o prazo para que o alumnado de 6º faga a reserva de praza para o centro adscrito, no noso caso para o IES A GUÍA, para o curso 2021-22.

A tal efecto deberán entregar, NO NOSO CENTRO, debidamente cumprimentado, o modelo oficial da solicitude (ANEXO I).

As familias que así o desexen poden cumprimentar a solicitude a través da web, no seguinte enlace:

    http://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado  

no menú:

Solicitudes – Solicitudes de reserva – Crear solicitude de reserva

IMPORTANTE:  

A solicitude, manual ou xerada a través da web, deberá presentarse NO NOSO CENTRO.

  O alumnado que non entregue a documentación no prazo sinalado perderá o seu dereito prioritario para a reserva de praza no IES A GUÍA.

  

EQUIPO DIRECTIVO CEP PLURILINGÜE SANTA TEGRA

 

Distribuir contido