Skip to Content

   Enlace Aula Virtual                       

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA

Todo aquel alumnado que se incorpore novo ao centro o vindeiro curso 2024-2025, deberá formalizar a matrícula entre o xoves 20 de xuño e o venres 28 de xuño na Secretaría.

Para realizar este procedemento deberá presentar a seguinte documentación:

-Impreso de matrícula (Anexo III-1)

-2 fotos tamaño carnet

-Fotocopia tarxeta sanitaria

-Fotocopia do libro de familia (só para o alumnado que veña do CRA Antía Cal)

-Impreso de solicitude de bus (solicitalo na secretaría do centro se o precisa)

 

NOTA: O servizo de transporte escolar é só para o alumnado da zona ao que lle corresponde este centro (usuario lexítimo das parroquias de Morgadáns, Chaín, Couso, peitieiros e os da rúa Emigrante en Gondomar). O resto do alumnado só poderá optar ao servizo de transporte se houbese prazas vacantes.

COMEDOR 24-25

SOLICITUDE DO 1 ao 5 DE XULLO

 

O comedor escolar do CEP Xosé Neira Vilas está catalogado como comedor de xestión indirecta da Consellería de Educación

ADMISIÓNPara a selección de usuarios, en caso de que haxa máis solicitudes que prazas, establécese unha orde de preferencia que se explica no formulario de solicitude, tendo en conta que, en caso de empate, terán prioridade os menores en idade sobre os maiores e que tamén terán prioridade aqueles alumnos/as que fagan un uso diario do comedor escolar fronte aos que non o fagan. A situación de esporádicos non se contempla.

EMPRESA DE CATERING:  O funcionamento do comedor é mediante modalidade de catering, contratado pola Consellería de Educación, actualmente coa empresa Mediterránea. Para a atención deste servizo, cóntase con tres coidadoras dependendo do número de comensais.

HORARIOS: de 14:30 h a 16:00h. A partir das 15:30h. o alumnado xa poderá ser recollido. Comeza sempre o seu funcionamento o primeiro día lectivo de cada curso escolar.

NÚMERO DE PRAZAS AUTORIZADAS: 59 prazas.

PREZOS: O prezo diario dependerá (gratuíto, 1€, 2,5€ ou 4,5€) da renda neta per cápita familiar que se explica no formulario de solicitude como Anexo II Modelo de Autodeclaración. O alumnado pertencente a unidades familiares que se atopen en situación socioeconómica de exclusión social ou que teña unha discapacidade igual ou superior ao 33%, terán o comedor gratuíto e non cubrirán o Anexo II.

CALCULADORA

Para realizar o cálculo automático do importe do servizo do comedor podedes acceder á WEB “Calculadora simulación prezos comedores” facilitada pola Consellería de Educación: https://www.edu.xunta.gal/comedores/calculadora.jsp

SOLICITUDE E DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR:

1.- Impreso de Solicitude cuberto e asinado e Modelo de Autodeclaración Anexo II.

2.- Documentación necesaria para a selección e admisión que se describe na solicitude

ENTREGA SOLICITUDE: As solicitudes serán recollidas presencialmente na Secretaría do centro ou por correo electrónico ao cep.neira.vilas@edu.xunta.gal , dentro dos prazos indicados en horario do 10:30h a 13:00 h. O Centro facilitará un código a cada familia e publicará unha listaxe provisional/definitiva de admitidos e reservas na páxina web.

PRAZOS

-Prazo para a solicitude: do 1 de xullo ao 5 de xullo presencialmente ou a través do correo electrónico cep.neira.vilas@edu.xunta.gal

-Publicación da listaxe provisional de admitidos na páxina web: antes do 15 de xullo. 

-Reclamacións: prazo de 5 días despois da publicación provisional.

-Publicación da listaxe definitiva de admitidos na páxina web: antes do 20 de xullo.

ANULACIÓN DE MENÚS: Débense anular os menús coa maior antelación posible e sempre xustificando a ausencia. A anulación no propio día debe realizarse antes das 9:00h e unicamente por correo electrónico a cep.neira.vilas@edu.xunta.gal indicando no asunto, "anulación comedor + nome do alumno/a”.

PAGAMENTOS: Para aqueles comensais que lles corresponda, faranse mensualmente, na conta indicada pola empresa adxudicataria do servizo, nos dez primeiros días de cada mes. O incumprimento do pago impedirá a utilización do comedor no mes seguinte por parte do usuario.

NORMAS DO COMEDOR ESCOLAR: A asistencia ao comedor implica a aceptación das normas recollidas no Plan de Funcionamento do Comedor Escolar. Pode ser causa de baixa no servizo:

-Non estar ao corrente dos pagos: non se poderá facer uso do comedor mentres non se regularicen os pagos pendentes.

-Non asistir durante un mes de xeito continuado coa frecuencia solicitada agás causas debidamente xustificadas ante a Dirección.

-Non comunicar en tres ocasións a súa ausencia, antes das 9:00 h. do día que deba ter efecto, poderá ocasionar ser suspendido pola Dirección do dereito ao uso do servizo durante 10 días.

-Mal comportamento reiterado do alumnado.

Lembramos que no curso escolar pasado:

A INSTRUCIÓN CONXUNTA 1/2023, DA SECRETARÍA XERAL TÉCNICA DA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E UNIVERSIDADES E DA DIRECCIÓN XERAL DE MOBILIDADE DA CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E MOBILIDADE, SOBRE A XESTIÓN DO SERVIZO DE TRANSPORTE DE ESCOLARES establecía  a posibilidade da perda de condición de usuario tanto por ter praza no transporte e non facer uso del de xeito continuado del e/ou alumnos que fagan usos indebidos do transporte escolar (cambiarse de autobuses, amosar condutas contrarias á convivencia...)
Concretamente o punto3 recolle: 

"3. Perda da condición de persoa usuaria con dereito Os/as usuarios/as con dereito a transporte escolar ou do integrado que non fagan uso do transporte escolar de xeito continuado perderán dita condición de usuario/a con dereito, e, conseguintemente, non terán acceso preferente ao comedor escolar; para tal efecto, considerarase como continuada a non utilización do servizo cando esta se produza, sen causa xustificada, 5 días nun período de 30 días naturais consecutivos. 

 

Axuda Fondo Libros e Material Escolar 2024-2025

 

Para solicitar as axudas correspondentes deben cumplimentarse os Anexos I e II e presentalos, tendo de prazo dende o 21 de maio ata o 21 de xuño.

Poden presentarse na secretaría do centro  (en horario de 12:50 a 13:30 horas) ou por Sede electrónica (Chave 365 ou certificado dixital).

Orde publicada no DOG

Anexos I e II

Información e documentación a presentar

 


 

LETRAS GALEGAS 2024

 

O venres 17 de Maio é un gran día para a nosa cultura, por iso traballamos co noso alumnado a figura ao que se lle adica este ano este día tan especial para nós, Luisa Villalta.

O xoves 16 de maio para celebrar o día das Letras Galegas contamos no cole cunha visita moi especial. Nuria Vil, poeta viguesa, creadora de relatos sonoros  e palabras faladas.   Unha alumna do centro acompañou ao violín unha poesía de Nuria Vil en homenaxe a poeta e violinista Luísa VIllalta, que delicia!.

Por mor do mal tempo tivemos que celebralo no centro, aínda que o que estaba previsto pero unha andaina das familias, alumnado e profesorado ata o Bosque da Lingua pertencente á Comunidade de Montes de Couso ao que agradecemos  que a actuación que non se puido facer no Bosque se fixera finalmente no centro escolar.

 

Na semana seguinte, o 22 de maio,  contamos coa presenza  de Xabier Blanco,  que leva máis de 30 anos percorrendo diferentes vilas e parroquias de Galicia gravando e catalogando todo tipo de documentación relacionada coa nosa cultura tradicional. 

Conta con un amplo arquivo sonoro, partituras e fotografías recollido de mestres, músicos, maiores, etc. portadores da música de raíz transmitida de xeración en xeración a través da oralidade. Posúe unha colección de máis de 900 instrumentos tradicionais galegos.

No seu labor coma investigador Xabier Blanco reúne unha colección de máis de 2.000 pezas, entre as que destacan os máis de 800 instrumentos en perigo de ser esquecidos na tradición. Froito deste labor é o seu arquivo, con máis de 50.000 documentos nos que se atopan dende pezas e xéneros perdidos, bailes como a "Cana Verde", "O Tras-trás", "O Canizo" e técnicas referidas á artesanía dos instrumentos, coma un verniz ecolóxico feito a partir da codia dunha árbore, ata sistemas tapa poros por medio dos mariñados para a conservación da pel.

 Moitas grazas Xabier porque gozamos moitísimo con todo o que alí compartimos, a música, a poesía musicada por ti de Luisa Villata " Non abonda a palabra recitada", as cancións, os instrumentos, o teu bo facer e sobre todo o espirítu do valor do noso e da súa conservación.

 

 

CHARLA EDUCATIVA FAMILIAS

 

Ferramentas Prácticas para a resolución de conflitos

O vindeiro mércores, 23 de maio, a ANPA e o centro continúan coa Escola de Familias achegando un tema moi importante no noso día a día e na convivencia cos nosos fillos e fillas e coa sociedade en xeral. Será impartida pola pedagoga e psicóloga Rocío Villar  e financiada polo Centro de Formación e Recursos de Vigo a través da creación da ENAPA.

Nesta charla que se ofrece atoparás información sobre os conflitos familiares. Desde que son os conflitos familiares ata como resolvelos. Centrarémonos entre pais e fillos ou entre irmáns, pero trataranse distintos tipos.

Explicámosche por que se dan os tipos de problemas familiares máis comúns mediante exemplos de conflitos familiares.

Os problemas familiares deben abordarse de maneira diferente, segundo a orixe, os factores que o manteñen e as características das persoas implicadas. Con todo, existe un punto en común principal e imprescindible para solucionar un conflito: aprender a comunicarse de forma asertiva.

Se non sabes que facer ante problemas familiares ou queres afondar na temática sobre técnicas de resolución de conflitos familiares para que saibas xestionar e solucionar os problemas da familia, esperámoste o xoves 23 de maio de 4.30h a 6.30h no CEP Xosé Neira Vilas.

 

Agardamos que sexa do voso interese e esperamos contar coa vosa presencia para aprender xuntos/as.

TÍRALLE DA LÍNGUA LUÍSA VILLALTA

 

“Eis a poesía. Un camiño de coñecemento”

                               “Sempre o teatro á procura da verdade”

                                                                                                                   Luísa Villalta

Durante esta semana das Letras Galegas, ademais de outras actividades, realizaremos o concurso Tíralle da Lingua cun pasapalabra de Luísa Villalta. Dexámosvos aquí o enlace.

 

TEATRO NA ESCOLA CON ALUMNADO DE SAN RAFAEL. MARTES 14 DE MAIO

Encontramos o coñecemento do teatro poético dialogando co clásico en O paseo das esfinxes, o mundo shakesperiano mesturado coas sagas criminosas da novela negra en As certezas de Ofelia, o teatro dentro do teatro en O representante, o teatro do absurdo e a súa paixón pola música en Concerto para un home só.

O teatro en Luísa Villalta

O vindeiro 14 de maio, o alumnado co profesorado do centro San Rafael de Vigo, visitaranos na escola para compartir con nós unha xornada de teatro de celebración da homenaxeada nas Letras Galegas e o seu interese tamén polo teatro e u facer un día de convivencia. A obra representada será "O brazo de Mike" do grupo de teatro Os asomados. Esta celebración tamén homenaxea nas Letras Galegas a Luísa Villalta e o seu interese polo teatro ademais da música e a poesía.

Agradecemos que compartan con nós esta mañá de teatro, convivencia e ilusión. Moitas grazas a todo o equipo de San Rafael por facelo posible. 

Distribuir contenido


by Dr. Radut