Skip to Content

   Enlace Aula Virtual                       

Felices festas para toda a comunidade escolar.

Queremos agradecer a toda a comunidade educativa a súa implicación e colaboración neste primeiro trimestre de curso escolar 23-24, e desexarvos un aninovo de moita paz, moita saúde e bos momentos que todo o demais xa se vai facendo.

Feliz e ventureiro aninovo 2024 para todos e todas!

 

 

19 de decembro- Carreira solidaria"unoentrecienmil" contra a leucemia infantil.

O pasado 19 de decembro, participamos na carreira “Unoentrecienmil”  para conseguir fondos para a investigación na leucemia infantil que se realizou no adro da igrexa de Peitieiros, lindeiro ao centro escolar. Na carreira participou todo o alumnado , mestres e familias. A ilusión acompañou en todo momento a actividade e os panos dourados penduraron de cada baliza, nas mans, nas mentes e nos corazóns da nosa escola.

Máis de 1200 coles participaron nesta iniciativa que promove a fundación. Desde o ano 2015 máis de millón e medio de nenos de toda España correron nos coles para axudar aos nenos e nenas enfermos de leucemia a saír adiante, recadando fondos para a investigación da enfermidade. https://unoentrecienmil.org/

Á volta das vacacións de Nadal informarémosvos dos cartos recadados, porque aínda se seguen aportando.

 

 

25 de novembro: Día Internacional para eliminar a violencia contra a muller

 

Sumar unha protesta

Restar o maltrato

Multiplicar os esforzos

Dividir a violencia ata resto cero

Potenciar o apoio

                                     Non a Violencia de Xénero!

 

Charlas Plan Director para familias e alumnado sobre acoso escolar e ciberseguridade.

Durante este trimestre leváronse a cabo charlas sobre acoso escolar e ciberseguridade para as familias, profesorado e alumnado. O Plan Director, impulsado desde a Delegación do Goberno en Galicia e a Alta Inspección de Educación, oferta  charlas informativas/formativas, destinadas tanto ao alumnado, como ao profesorado e ás familias, sobre temáticas relacionadas coa protección de menores e adolescentes e o seu dereito á seguridade persoal, tratando problemáticas como a ciberseguridade, o acoso escolar, charlas que son impartidas por axentes e expertos das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.

Estas charlas foron impartidas o 9 de novembro, o 10 de novembro, e o 15 de decembro.

 

Pulsar na imaxe

 

 

Samaín

 

(Pulsa na foto)

AVISO SOBRE BECAS. AXUDAS PARA O ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO PARA O CURSO ACADÉMICO 2023/24

 

Este curso hai unha novidade importante nestas becas. TODAS AS FAMILIAS, independentemente do nivel de renda, poderán solicitar un subsidio para gastos adicionais de carácter xeral derivados da escolarización de alumnado con necesidade específica de apoio educativo, que ten unha cantidade fixa de 400€ € que poderá ser percibido por todos os que soliciten esta beca e que será compatible co resto de axudas e subsidios regulados na convocatoria.

 

Estas axudas están dirixidas a alumnado que presentan unha necesidade específica de recibir apoio educativo derivado dalgunha das seguintes situacións:  discapacidade, trastornos graves de conducta, ou trastornos graves da comunicación e linguaxe, trastornos do espectro autista e altas capacidades.

 

O prazo de presentación de solicitudes é ata o 20 de setembro inclusive.

 

 

INICIO CURSO ESCOLAR 23-24

Benvidos e benvidas a un novo curso escolar!

O vindeiro luns 11 de setembro comezaremos as actividades lectivas de acordo co horario habitual: de 9:30 a 14:30 horas.

O alumnado que empregue o transporte escolar será recibido pola porta principal (onde os deixan os autobuses) e o alumnado que non emprega o transporte escolar accederá ao centro pola porta lateral do Adro (porta ao lado do Centro Cultural de Peitieiros).

O transporte escolar funcionará cos horarios e paradas habituais dende o propio luns. Con todo, débese ter en conta que os primeiros días poden producirse retrasos nos horarios dos autobuses polo que agradecemos que as familias estean pendentes de producirse algunha incidencia.

O comedor escolar funcionará xa dende o primeiro día, dende ás 14:30h ata ás 16:00h, podendo recollerse a partir das 15:30h. Se algún usuario non vai facer uso do servizo, debe comunicalo vía mail á dirección do centro (cep.neira.vilas@edu.xunta.gal) antes das 9:15 horas.

 

Esperamosque teñamos un bo curso, cheo de grandes momentos. Agardámosvos cos brazos abertos!

MATERIAL ESCOLAR CURSO 23-24

Deixamos o listado completo de material escolar segundo o nivel educativo.

Preme no nivel correspondente para acceder aos documentos.

1º de Ed. Primaria

2º de Ed. Primaria

3º de Ed. Primaria

4º de Ed. Primaria

5º de Ed. Primaria

6º de Ed. Primaria

 

 

Distribuir contenido


by Dr. Radut