Skip to Content

   Enlace Aula Virtual                       

TÍRALLE DA LÍNGUA LUÍSA VILLALTA

 

“Eis a poesía. Un camiño de coñecemento”

                               “Sempre o teatro á procura da verdade”

                                                                                                                   Luísa Villalta

Durante esta semana das Letras Galegas, ademais de outras actividades, realizaremos o concurso Tíralle da Lingua cun pasapalabra de Luísa Villalta. Dexámosvos aquí o enlace.

 

TEATRO NA ESCOLA CON ALUMNADO DE SAN RAFAEL. MARTES 14 DE MAIO

Encontramos o coñecemento do teatro poético dialogando co clásico en O paseo das esfinxes, o mundo shakesperiano mesturado coas sagas criminosas da novela negra en As certezas de Ofelia, o teatro dentro do teatro en O representante, o teatro do absurdo e a súa paixón pola música en Concerto para un home só.

O teatro en Luísa Villalta

O vindeiro 14 de maio, o alumnado co profesorado do centro San Rafael de Vigo, visitaranos na escola para compartir con nós unha xornada de teatro de celebración da homenaxeada nas Letras Galegas e o seu interese tamén polo teatro e u facer un día de convivencia. A obra representada será "O brazo de Mike" do grupo de teatro Os asomados. Esta celebración tamén homenaxea nas Letras Galegas a Luísa Villalta e o seu interese polo teatro ademais da música e a poesía.

Agradecemos que compartan con nós esta mañá de teatro, convivencia e ilusión. Moitas grazas a todo o equipo de San Rafael por facelo posible. 

CUSTODIA DUN TREITO DO RÍO DE PEITIEIROS

O martes 8 de maio pola tarde, un minigrupo de profesorado do centro puidemos gozar da formación sobre a inspección básica dun río a cargo de Paco Bañobre do Proxecto Ríos.Con el confirmamos as coordenadas do treito que temos en custodia, e fixemos a primeira expedición primaveral do río.Nesta expedición cubrimos un caderno de campo tendo en conta os seguintes aspectos:

  • Calidade hidromorfolóxica: o habitat, o bosque de ribeira , o caudal e as alteracións do seu estado . En canto a estos aspectos a conclusión obtida é que este treito ten un habitat ben constituido, cunha represa, pero cunhas augas transparentes e sen cheiro.
  • Calidade Fisicoquímica: para estudar as concentracións de diversos parámetros como os nitratos, osíxeno disolto e ph.
  • Analizamos a turbidez e a temperatura da auga. Tivemos un resultado de temperatura da auga que oscilaba dos 15 aos 16ºC dependendo do treito, cuns nitratos de 5 mg por litro , osíxeno disolto de entre 4 e 8 mg e ph de 6.
  • Calidade biolóxica: onde empregamos os macroinvertebrados como bioindicadores para valorar a calidade do río e facer un pequeno censo das especies de flora e fauna máis comúns, é dicir a flora e fauna autóctona.En canto a maioría dos macroinvertebrados atopados : Tricópteros, ,plecópteros, indícannos estar nun índice moi bo. En canto a biodiversidade atopámos escasas plantas acuáticas, pero unha chea de árbores: abeleira, ameneiro, loureiro, freixo entre outros moitos.

Foi unha tarde estupenda, chea de aprendizaxes, de disfrute na nosa contorna e de satisfacción ao observar que a calidade da auga do treito do río custodiado está dentro duns bos parámetros.O próximo curso repetiremos a actividade, pero nesta ocasión xa co alumnado do centro e nos meses do outono para poder facer unha comparativa do rexistro da primavera e do outono.

FORMACIÓN PONTE A ZERO

ABRIL AUGAS MIL

E ben certo é , que estas choivas de abril  viñéronlle moi ben ás nosas sementeiras que agora están agardando polo sol para seguir medrando.E en abril o noso cole estivo cheiño de obradoiros impartidos por monitores do Programa de Ponte a Zero da Deputación de Pontevedra. 

O alumnado de 1º e 2º de primaria estiveron experimentando co obradoiro ” Dando nova vida aos residuos” o alumnado de 3 º vendo ” O ciclo da Auga ” que aínda que xa o traballaran na aula, pois con outra mirada máis práctica. O alumnado de 4º aí estivo con ” Limpiadores Alternativos” , os de 5º con ” Reciclaxe de Xabón ” que tiveron que ir xuntando entre todos un litro de aceite usado e por último o alumnado de 6º formándose un pouco máis no tema das ”Ecoauditorias".

Froita e Leite na Escola

O próximo 8 de abril daremos comezo á distribución de froita durante 10 días e de leite, que neste caso avisaremos da súa finalización.

 

FROITA

LUNS MARTES MÉRCORES XOVES VENRES

 

PLÁTANO

 

MAZÁ

 

MANDARINA

 

FRESA

 

PERA

 

PARA MÁIS INFORMACIÓN: https://alimentateben.xunta.gal/gl/froita_na_escola/

Admitidos no proceso de admisión curso 24-25

 

CEIP San Mateo

 

Informamos que todas as solicitudes de Admisión presentadas no centro para o vindeiro curso académico 24-25 foron admitidas .

Recordamos que debedes formalizar a matrícula entre o 20 e 30 de xuño.

SEMANA CLIMÁTICA 2024

Esta semana celebramos a Semana Climática: 21 de marzo Día Internacional dos Bosques; 22 de marzo Día Internacional da Auga, 23 de marzo Día Meteorolóxico Mundial; 26 de marzo Día Mundial do Clima.

Diferentes propostas leváronse a cabo para tomar conciencia da importancia do medio ambiente e do compromiso sustentable que pretendemos en cada acción que realizamos no cole.

Para ver parte algunhas das actividades que se levaron a cabo pulsa no enlace: https://voznaturaxnv.wordpress.com/2024/03/26/semana-climatica-2024/

 

Distribuir contenido


by Dr. Radut