Skip to Content

Instalacións

Queres coñecernos? Acompáñanos!

Ola, benvidos! Se vides con nós coñeceredes o noso colexio. Pasade o rato polas fotos e veredes...

Este é o noso limpo e coidado xardín.

Nesta planta baixa, á esquerda, están as dependencias administrativas: Secretaría, Xefatura de Estudos e Dirección.

Entre as dúas escaleiras de subida á primeira planta está o noso ximnasio.

Subide con nós a ver que temos na seguinte planta.

 

Aquí podedes apreciar a magnífica sala de profesores e profesoras.

Se saímos de aquí atoparemos a un lado o corredor coas catro aulas de primeiro ciclo. 

 

 Ao outro lado está o corredor coas aulas das especialidades: 

inglés, música, relixión, pedagoxía terapeútica e audición e linguaxe.

Aquí temos a sala das mil e unha aventuras,

a Biblioteca "Anisia Miranda".

Vente Eiros, seguimos subindo. 

Aquí atopamos, a un lado o corredor do segundo ciclo

e ao outro o do terceiro coas súas respectivas aulas que tamén están rotuladas con nomes de autores e autoras galegos.

Eiros, mira que guai! Cantos ordenadores hai nesta aula, debe ser a Aula de informática!

Guau, guau!!

 

 

 

 

Ben, imos fóra Eiros a dar unha volta ao redor do colexio.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

¡Mira que pista  polideportiva tan estupenda teñen os alumnos!

Aquí sí que podes botar unhas boas carreiras,eh Eiros?

Subindo unhas escadas temos outras dúas pistas de deporte.

 

Mirade que ben aproveitamos o desnivel do terreo para facer unha horta de plantas medicinais.

 

Distribuir contenido


by Dr. Radut