11 febreiro

O 22 de decembro de 2015, a Asemblea Xeral decidiu establecer un Día Internacional anual para recoñecer o rol crítico que xogan as mulleres e as nenas na ciencia e a tecnoloxía, a través da Resolución A/RES/70/212.

O Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, que se celebra o 11 de febreiro, é implementado pola UNESCO e ONU-Mujeres, en colaboración con institucións e socios da sociedade civil que teñen como obxectivo promover ás mulleres e as nenas na ciencia. Este Día é unha oportunidade para promover o acceso e a participación plenos e equitativos na ciencia para mulleres e nenas.

Este ano tivemos con nós a Rosario Domínguez Petit (Mima), para falarnos e aprender con ela sobre as Ciencias Mariñas e das moitas mulleres científicas do mundo e de Galicia.

Moitas grazas Mima!!!!

19 de decembro- Carreira solidaria"unoentrecienmil" contra a leucemia infantil.

O pasado 19 de decembro, participamos na carreira “Unoentrecienmil”  para conseguir fondos para a investigación na leucemia infantil que se realizou no adro da igrexa de Peitieiros, lindeiro ao centro escolar. Na carreira participou todo o alumnado , mestres e familias. A ilusión acompañou en todo momento a actividade e os panos dourados penduraron de cada baliza, nas mans, nas mentes e nos corazóns da nosa escola.

Máis de 1200 coles participaron nesta iniciativa que promove a fundación. Desde o ano 2015 máis de millón e medio de nenos de toda España correron nos coles para axudar aos nenos e nenas enfermos de leucemia a saír adiante, recadando fondos para a investigación da enfermidade. https://unoentrecienmil.org/

Á volta das vacacións de Nadal informarémosvos dos cartos recadados, porque aínda se seguen aportando.

 

 

1º Turonia polo Monte Tetón

O alumnado de 5º curso participou nunha andaina ao parque arqueolóxico do Monte Tetón, co fin de coñecer a contorna natural e patrimonial desta singular paisaxe. Alí puideron contemplar unha das máis importantes coleccións de gravados de arte rupestre prehistórico de Galicia.

O alumnado tivo a oportunidade de contar coas explicacións de Jesús Rodríguez, historiador e guía da natureza pertencente ao Instituto de Estudos Miñoranos, e observar de preto, na estación de As Portaxes figuras humanas, escenas de caza, coviñas, combinacións circulares..., un amplo conxunto de gravados duns 4000 anos de antigüidade.

Durante a subida e estancia no petróglifo, contamos tamén coa presenza do Turonia de Tomiño e os centros educativos participantes: Pedro caselles, barrantes, Tebra, Goián e Sobrada. Todos e todas vestiamos unha camiseta co logo, TURONIA 2023, e dispuxemos dun caderniño de traballo con actividades, relacionadas cos elementos do ecoparque.

A volta ao colexio andando, despois de merendar nun fermoso souto de castiñeiros, foi unha bonita experiencia para un día de convivencia e goce dos nenos e nenas en harmonía coa natureza.

 

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ


Hoxe celebramos o Día Escolar da Non Violencia e da Paz. O acto partiu da lectura dun manifesto por parte do alumnado e a celebración da carreira solidaria participando destes "Kilómetros de Solidaridade" que ademais de deporte supón educación e valores, onde todos nós, pero sobre  todo os máis pequenos, somos os protagonistas.

É con esta celebración,  queremos manifestar o noso rotundo rexeitamento a toda forma de violencia, xa sexa verbal ou física.

 

PREME NA FOTO PARA VER A PRESENTACIÓN

 


 

3 DECEMBRO-DÍA DAS CAPACIDADES DIFERENTES

 O pasado 2 de decembro celebramos o Día Internacional das Persoas con Discapacidade (3/12) que é a data elixida para facer un chamamento universal co fin de lograr unha sociedade o máis inclusiva e accesible posible e, como cada ano, o noso centro participou das iniciativas propostas do CEE Juan María. Neste caso, xuntámonos máis de 1000 alumnos, segundo nos indicaron, dos centros educativos do Val Miñor. A xornada levouse a cabo co alumnado de primeiro ciclo en Praia América (Nigrán). Foi un día de convivencia, de cometas voadoras, de agradecemento ás persoas que o fixeron posible, de sorrisos e merenda na area, de castelos, de bigotes de chocolate...que rico!, de sol e sal...Foi un día de compartir soños !

 

 

25 N POR ELAS

Co gallo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, realizamos diferentes actividades de concienciación co desexo de que esta lacra termine e construamos entre todos e todas, un espazo de convivencia igualitaria e respectuosa.

Este ano eliximos como canción representativa para conmemorar este día

POR ELAS de "ADHARA AND RITMAN"

 


 

ATENCIÓN...COMEZA O ENTROIDO 22

Preparádevos, xa comeza O MECO a dar ordes. Non esquezades vir como vos manda, ou xa sabedes o que vos espera...

Inicio de sesión