Contidos
Cuarto
O pasado 30 de xaneiro celebrouse o "Día escolar da paz e non violencia". Na clase de Relixión estivemos traballando o conto "A POMBA DONA PAZ". Dona paz é unha pombiña que vive a rentes do ceo , nunha casiña ben linda. Cando amañece vai pasear para ver que cousas pasan no mundo, pero o que viu non lle gustou nada. Todo o que viu foron problemas, inxustizas e abusos; viiu xente que non tiña nada e durmía na rúa e outros moi ricos aos que todo lles sobraba;viu os mares cheos de lixo e as fragas queimadas; viu fábricas onde fabricaban armas e a xente que fuxía das guerras, da fame e as miserias, mulleres maltratadas... por iso decidíu falar con todos os nenos e nenas do mundo para que reflexionasen sobre todo aquilo que non transmite paz e que deben cambiar. Gustounos moito este conto. Non esquezades pasar pola biblioteca e lelo.
OS nenos/as de primeiro e segundo fixemos a pomba dona Paz. Mirade que chulas nos quedaron. os nenos/as de sexto fixemos a nosa propia versión do conto.
O 17 de xaneiro o alumnado de 4º curso inauguramos a rolda de programas de Radio Saltamontes que este trimestre versarán sobre os nosos padriños e madriñas de aula. Neste caso, o noso padriño de aula é Agustín Fernández Paz.
Non perdades detalle sobre as curiosidades máis interesantes da súa vida e obra!
Boa escoita!
Bo día,
Esta semana os nenos e nenas de 4º aprendimos vocabulario relacionado co Nadal en inglés. Para practicalo fixemos uns comecocos con debuxos e preguntas.
Somos uns artistas!
Estivemos a xogar ao comecocos en parellas. Mirade o ben que o facemos!
Boa tarde!
Aproxímase o Nadal e con el as celebracións no CEP Carlos Casares. E con tal motivo, e coa axuda da ANPA, xa temos a escola vestida coas súas mellores galas. Podedes ver as fotos con máis detalle en: https://photos.app.goo.gl/jkaWA8GXtj89A2SP9
O día de mañá, xoves 19 de decembro, ás 12 horas, terá lugar o festival que porá o punto e final a este trimestre, e contaremos coas seguintes actuacións:
Teatro "Sobremesas sobre versos" (3º ciclo).
Canción "Pan de Millo" (1º ciclo).
Canción "Eu teño alguén" (2º ciclo).
Canción "O Apalpador" (1º ciclo).
Canción "O Ghai-Ghai" (3º ciclo).
Baile "O lago dos cisnes" (2º ciclo).
Actuación sorpresa.
E xa para despedir a semana, o venres 20, teremos a visita do Apalpador, do e da amiga invisible e dos Reis Magos de Oriente.
Aproveitamos para desexarvos desde aquí unhas moi felices festas e agradecervos o traballo e a colaboración ao longo deste trimestre!
Bo Nadal!
RECEITAS TÍPICAS GALEGAS
segundociclo — Mar, 2019-12-17 13:39
Os nenos e nenas do segundo ciclo fixemos unha escolma de receitas tìpicas da nosa cociña, a cal máis saborosa. Podedes aproveitar estas datas de Nadal para cociñar en familia e, á volta xa nos contaredes que tal foi a vosa experiencia cos fogóns. De seguro que vos saíron moi ben e puidestes sorprender aos vosos invitados.
No CEP Carlos Casares estamos moi pero moi felices co resultado final da nosa exposición: o comedor.
Grazas á implicación de todas as familias, claustro e alumnado; conseguimos converter o noso salón de actos nun fantástico comedor ao que non lle falta detalle, cunha manchea de obxectos de gran valor; e non podemos máis que agradecer a vosa cuantiosa xenerosidade e confianza ao partillar con toda a comunidade as vosas pezas, moitas veces cun gran valor sentimental.
Moitas e moitos de vós xa desfrutachedes da nosa exposición na Xornada de portas abertas, pero para os que non, gustaríanos deixarvos por aquí un pequeno vídeo que vos achegue ao noso comedor particular.
Podedes ver e descargar as fotos en: https://photos.app.goo.gl/BatUMfrvL5z2MdJJ8
Novamente, moitísimas grazas polo voso apoio e colaboración un ano máis!
A pasada semana celebramos o Magosto xunto coas nosas convidadas e convidados procedentes de Cividale del Friuli e Rovinj; e para iso vestimos ao noso centro coas súas mellores galas e… mesmo contamos cunha auténtica vaixela de Sargadelos!
O día comezou coa plantación de 3 árbores, unha por cada rexión participante no Proxecto Rush: Friuli, Istria e Galicia; que a partir de agora serán uns habitantes máis no CEP Carlos Casares.
E como non podía ser doutro xeito, logo de tanto traballo fumos cargarnos a tope de enerxía cun pequeno almorzo porque aínda nos quedaba por diante unha gran xornada de xogos e moita, moita diversión!
Agradecer de novo a Carmo e Manolo polo seu traballo e compaña como cada ano, sen o cal o Magosto non sería o mesmo!
Deixámosvos uns enlaces para que poidades descargar as fotos que máis vos gusten:
Plantación de árbores: https://photos.app.goo.gl/UQWCjbvtS173mXWb7
Xogos, castañas e salto á fogueira: https://photos.app.goo.gl/hwCfJrbW6sMjN3Wr5
Ata a próxima!
O pasado xoves 24 de outubro, desde Radio Saltamontes transmitimos un programa moi especial, acompañados do alumnado procedente de Cividale del Friuli e Rovinj (Istria), co que partillamos unha semana chea de momentos inesquecibles.
Neste programa, explicamos entre outras cousas, en que consiste o Proxecto RUSH e porque é tan importante para nós. Tamén preparamos algunhas preguntiñas para coñecer un pouco mellor aos nosos convidados e convidadas.
Estade ben atentos porque traemos algunha que outra sorpresiña para despedir o programa tal e como se merece!
Aproveitamos para agradecer ás familias acolledoras e a todo o alumnado pola súa xenerosidade e boa disposición e así converter ao noso centro nun espazo de encontro internacional!
O venres 18 de outubro chegamos cun novo programa de Radio Saltamontes da man dos nenos e nenas de 4º curso.
Como non podería ser doutro xeito, trátase dun programa moi sabedeiro, con grandes protagonistas como os nosos produtos máis preciados: pan, pementos, tortilla, percebes, longueirón… Para todos os gustos e cores!
Así que por precaución, recomendamos facer a escoita co bandullo ben cheo e…. Bo proveito!
Abstéñanse lambisqueiros!
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- seguinte ›
- última »