Contidos
Cuarto
Desta volta, no programa de radio, o alumnado de 4º nivel nos descubre un dato curioso sobre o gremio dos músicos. Todos os traballos teñen un patrón, un día que celebrar, o patrón dos mestres é San Xosé de Calasanz (27 de novembro), o dos aquitectos é Santo Tomás... Sabedes que os músicos tamén teñen un día no que celebran a súa festa, pero sabiades que non é un patrón senón unha patroa? Escoitadeos para descubrir máis cousas...
BOA ESCOITA
UN ANO MÁIS, PASÁMOLO DE MEDO FACENDO NOVOS EXPERIMENTOS.
NO ARQUIVO ADXUNTO, ATOPAREDES UNS EXEMPLOS DAS MOITAS COUSAS QUE FIXEMOS.
DISFRUTADE.
Bo día entroideiros e entroideiras! Como bos festeiros que somos, no CEP Carlos Casares, non queremos deixar pasar a oportunidade de compartir con todos vós o noso xa famoso baile de entroido. Este ano, tivemos que adaptar a celebración desta festa tan importante en Galiza ás novas circunstancias sanitarias, pero non por iso deixamos de pasalo xenial cumprindo coas tradicionais ordes do Meco, a lectura do testamento, a queima do Meco, a riquísima chocolatada e rosca que a ANPA nos prepara cada ano con tanto agarimo e, como non, a nosa esperada fariñada. Non puidemos elaborar os disfraces no cole, como viñamos facendo en cursos pasados, pero todos viñemos guapísimos da casa. Había de todo: agricultores, espantallos, velliñas... O complemento máis empregado foi o sombreiro de palla.
E, como non, a nosa sempre aclamada coreografía. Non vos imos a dar máis pistas xa que, vós mesmos a podedes disfrutar premendo na seguinte imaxe. Agradecemos ao mestre Miguel Ángel a montaxe do video. Esperamos que vos guste.
CLAUSTRO CEP CARLOS CASARES
Prezadas famillias, os mestres e mestras do Carlos Casares queremos desexarvos unhas felices festas e un próspero ano novo, e agradecervos o voso apoio e comprensión neste atípico primeiro trimestre. Aproveitamos para transmitirvos o orgullosos e orgullosas que nos sentimos do noso alumnado polo seu comportamente responsable ante esta situación. O noso aplauso este ano vai por eles, por aguantar o frío das fiestras abertas; por traballar cinco horas seguidas con máscara; por aceptar que o recreo xa non é para compartir pero si para convivir; por cumprir, a pesares de todo co académico e, sobre todo, por demostrarnos que todo isto se pode facer sen perder o sorriso.
Como este ano non se puido levar a cabo o noso habitual festival de nadal, compartimos con vós un vídeo elaborado polo mestre de música Miguel Ángel, no que se recollen as actuacións dos voso nenos e nenas. (clicade na imaxe para velo)
Bo Nadal!!!!!
Claustro de CEP Carlos Casares
O día 24 de outubro conmemórase o Día das Bibliotecas a nivel mundial. Neste ano, queremos recordar a figura de Quino, que faleceu recentemente, o 30 de setembro, aos 88 anos. Joaquín Salvador Lavado Tejón, coñecido como Quino naceu en Arxentina, sendo fillo de españois (Málaga). Quino foi humorista gráfico (debuxante) e historista. A súa obra máis coñecida é a tira cómica Mafalda publicada entre 1964 e 1973. As aventuras de Mafalda seguiron reeditándose en diarios e revistas percorrendo o mundo e as distintas xeracións. Quino deixounos grandes frases postas en boca dunha nena que non tiña pelos na lingua. Coñecedes a Mafalda?
O personaxe de Mafalda foi creado por Quino para unha campaña de publicidade de electrodomésticos, que non se chegou a publicar. A través desta personaxe Quino expresou as súas reflexións sobre a vida, os poderosos e a liberdade. Mafalda é unha nena cercana, que se preocupa pola pola política mundial e ten un amigo, Manolito, que está obsesionado co diñeiro.
Mafalda, xunto cos seus inseparables compañeiros (un globo terráqueo co que mantén curiosos diálogos e un transistor, no que escoita aos Beatles), servíronlle a Quino para mostrarnos como vía el o mundo e como pensaba que debería ser en realidade ese mundo.
Aquí vos deixamos algunas das historietas :
PREMENDO NA SEGUINTE IMAXE E DESPOIS NOS LIBROS PODEDES LER OS LIBROS COMPLETOS DE MAFALDA:
E, agora si que ven a despedida. Con esta montaxe que o voso compañeiro Mauro fixo coa axuda do seu irmán Pablo, despídome de vós, non sen antes desexarvos que pasedes un fabuloso verán e que disfrutedes destas merecidas vacacións.
Fixádevos na palabra que representa. Pois esa é a tarefa que vos encomendo para estes dous meses de descanso: QUE SEXADES FELICES!!!!!
Aproveito para dicirvos que, no blogue da Biblioteca está compartido un exemplar da nosa revista NÉBOA na que vós colaborastes cos vosos artigos. De seguro que vos gustará ver as vosas aportacións e as do resto dos nenos e nenas do Carlos Casares.
UNHA APERTA DA MESTRA MONTSE!!!!!!! Vémonos en setembro...
Que tal levades o inicio das vacacións? Seguro que totalmente relaxados e aproveitando estes días de tanta calor para metervos uns chapuzóns na piscina.
Lembrades cando todo isto empezou cal foi unha das vosas primeiras tarefas? Pois si, aquel arco da vella onde todos puñades a frase: "TODO VAI SAÍR BEN". Pasou o tempo e, case sen darnos conta, chegamos á derradeira tarefa deste curso: "A CÁPSULA DO TEMPO".
Aquí vos deixo unhas fotiños!!!!!
Bo día! Hoxe sería o último día de cole. E para celebralo aquí déixovos o vídeo da recompilación dos bailes que me mandáchedes polo día das Letras Galegas.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »