Acaba de abrise o prazo de reserva de praza nos centros adscritos para o alumnado que finaliza a etapa de Educación Primaria. No seguinte enlace teñen toda a información a disposición das familias.
A efectos de continuidade de estudos do actual alumnado de 6º de EP o centro adscrito será o IES Monte Castelo.
As solicitudes presentaranse preferentemente por vía electrónica ou ben a través do solicitude que se entregará ao alumnado na aula. O prazo de presentación das solicitudes será do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro do presente ano.
O alumnado que non o faga no prazo establecido para o citado instituto, deberá facelo no proceso xeral de admisión como se fose alumnado novo, no prazo establecido do 1 ao 20 de marzo de 2023.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Instancia galego | 1.23 MB |
Instancia castelán | 1.34 MB |