Skip to Content

Viaxe a “Les Ardennes”

Bélxica 2013 - 5ª Etapa

Saímos do hotel ás 8:15 nun autobús de dous pisos cos nosos compañeiros do proxecto europeo. Chegamos ás 10:30 ao cemiterio americano Henri Chapelle. Quedamos sorprendidos da cantidade de tumbas dos soldados americanos da II Guerra Mundial. Había arredor de 8.000 tumbas.

Comemos ás 11:30h e despois puxemos rumbo a Nonceveux onde fixemos a ruta Ninglingspo ao lado do río. Chegamos ao cumio ás 15:00, para empezar a descender despois de descansar un cacho.

Ás 18:00 subimos ao autobús. Logo de cambiar os tenis e os calcetíns, ás 18:30 paramos a cear en Remouchamps e comemos uns deliciosos fritadelle con patacas fritidas e unha bebida. Ás 19:30 saímos para o noso albergue.

Pasámolo xenial! Pero... todos tomamos unha decisión: non volveremos ao monte nun longo tempo.

Mamás e papás, ide preparando a lavadora!!!!

Recordos os compañeiros que quedaron en Burela. Unha aperta moi forte dende aquí.

Retie, venres 24 de maio de 2013.

Equipo de redacción: Marta, Carla, Aida, Ainhoa, Katia e Yaiza.

 


 



blog | by Dr. Radut