Skip to Content

Parque temático e de atraccións Efteling

 

Bélxica 2013 - 3ª Etapa 

Saímos ás 9:00h cara a Holanda para dirixirnos ao parque temático e chegarmos sobre as 10:15h.

Nada máis velo, xa nos pareceu espectacular.

Ás 12:00h tomamos o xantar no mesmo parque.

Ao principio vimos a parte dos contos populares e despois deixáronnos montar nas atraccións libremente. Algunhas daban un pouco de medo, pero eran divertidísimas.

Despois de montar nas atraccións xuntámonos na entrada e compramos algún que outro souvenir.

Ás 17:30 partimos para o hotel e ceamos.

Abrazos para todo o alumnado do noso cole Vista Alegre, en especial para os/as compañeiros/as de 5º e 6º. Tamén para as nosas familias e todos os profes.

Foi flipante!!!

Ata mañá!!

Retie, mércores 22 de maio de 2013.

Consello de Redacción: Delio Otero, Antón Mazaira, Pablo Rubal, Bruno Villarino, Adrián Pardo e Manuel Rubiños.



 

 



blog | by Dr. Radut