Skip to Content

PAUTAS PARA ORGANIZAR OS DIAS DE CONFINAMENTO CON NEN@S DE NEAE.

RECOMENDACIÓNS ÁS FAMILIAS CON FILL@S CON PROBLEMAS DE ATENCIÓN,  IMPULSIVIDADE E/OU HIPERACTIVIDADE .

(Alumnado con TEA, TDAH e Dislexia)

PAUTAS PARA ORGANIZAR OS DIAS DE CONFINAMENTO NAS CASAS e evitar que se den situacións de rabietas ou enfados nos nen@s.

 

Elaborar un horario sinxelo seguindo a rutina habitual e colocalo nun lugar visible da casa.

  • Dedicar un tempo da mañá para as tarefas  do colexio.
  • Deixar as tardes para actividades máis lúdicas e de tempo libre.
  • Incluir tempos nos que teña que colaborar na casa con  pequenas responsabilidades tanto pola mañá coma pola tarde.
  • Evitar tempos excesivos de tele ou vídeo consola.

As tarefas do colexio:

  • Empezar por poucas tarefas e curtas, 15’ ou 20’ intercalando períodos de 5 minutos de descanso. 
  • Tamén é importante estructurarlles o nivel de dificultade das actividades. Recoméndase comezar polas máis doadas, seguir coas máis difíciles e rematar coas máis lúdicas.
  • Facer uso de algún  temporizador para organizar as sesiones de traballo e estudo. Pode servir o cronómetro do móbil ou un reloxo de cociña.

Debemos ser flexibles nos niveis de esixencia e mostrar sempre unha actitude de tranquilidade e transmitir serenidade.

Moito ánimo a tod@s!

A continuación remítovos uns documentos moi interesantes sobre o coronavirus: recomendacións para os días sen clase; conto con pictogramas sobre o coronavirus; pautas e plantilla para elaborar "arco iris..todo va ir bien" extraídos da web Arasaac. Aquí podedes encontrar máis información sobre este tema presentada a través de pictogramas.

 

RECOMENDACIÓNS:

CONTO:

ARCO IRIS... TODO VA A IR BIEN:



blog | by Dr. Radut