Skip to Content

blogue deRosana

DÍA DA PAZ: ACTIVIDADES PARA TODA A PRIMARIA

O 30 de Xaneiro celébrase o Día da Paz e da Non Violencia.

A Web Orientación Andujar ofrécennos un interesante material imprimible para traballar, de xeito transversal na aula, valores referidos a Paz. Está organizado por niveis para toda a Ed. Primaria. Pódese descargar e imprimir. Moi recomendable.

Este material foi elaborado pola "Cruz Vermella" aínda que o aparece publicado en ORIENTACION ANDUJAR

70 CURTAMETRAXES PARA EDUCAR EN VALORES. Día da Paz e da Non Violencia.

70 CURTAMETRAXES PARA EDUCAR EN VALORES.

(Web: Educacion 3.0)

O 30 de Xaneiro celébrase o Día da Paz e da Non Violencia. Na web Educación 3.0 está publicado un repositorio con 70 curtametraxes para educar en valores. A través destes curtos o alumnado reflexionará sobre a amizade, a solidaridade, o traballo en equipo, o respecto ás persoas… Interesante para traballar na aula.

Clicar na imaxe para acceder ao recurso.

cortometrajes portada

Día da Discapacidade

 

O 3 de decembro celébrase o Día Internacional das persoas con Discapacidade.

 

 

 

 Vídeo basado no conto "Por cuatro esquinitas de nada"

 

RECURSOS PARA TRABALLAR NA AULA:

 

TÍTULO: La lección de August

AUTOR: R. J. Palacio

Un relato orixinal e conmovedor que consegue abrir os nosos ollos e mailos nosos corazóns. Fantástica historia que trata sobre a discapacidade e a inclusión educativa a través das vivencias dun neno de dez anos nun centro educativo. Imprescindible a súa lectura.

RESUMO: Agust é un neno moi especial, a súa cara faino diferente, pero el só quere ser coma os demais. Camiña mirando o chan, a cabeza gacha, tratando sempre de esconder a súa faciana. Por que será? . Este ano vai ser moi diferente porque August vai ir a escola.

 

Resultado de imaxes para trailer wonder

Basada nesta novela estase a estrenar a película "Wonder" o vindeiro 1 de decembro.  Premer para ver o Trailer de Wonder

PROPOSTA DE ACTIVIDADES PARA Á AULA

 

........................................................

Guia Diferentes (Parte 1)    Guia Diferentes (Parte 2)       Diferentes es una guía ilustrada destinada a niños y niñas entre 4 y 8 años que...

Guía Ilustrada sobre a discapacidade e a diversidade.

Actividades para nenos e nenas de 4 a 8 anos. Premer nos enlaces

Parte 1

Parte 2

 

 ...................................................

Vídeocontos que tratan sobre a discapacidade e a diversidade:

 

 

 

100 ACTIVIDADES PARA DESENVOLVER A COMPETENCIA DIXITAL DO ALUMNADO.

Na seguinte presentación encontraremos un listado de 100 actividades onde se pode traballar a competencia dixital do nosos alumnos e alumnas.

Distribuir contido


by Dr. Radut