Skip to Content

(1º - 2º) #Quedamosnacasa

Deseguido recollo uns enlaces con diferentes recursos dos que poderedes facer uso durante as vindeiras semanas para os cursos de 1º e 2º.

*En clase, sempre comezamos cunha rutina na que indicamos o día da semana e día do mes, o mes no que nos atopamos e o tempo que vai. Facémolo coas seguintes preguntas:

- What day of the week is it today? It's.....

- What's the date (number) today? It's .....

- What month are we in? We are in.....

- What's the weather like today? It's.......

De non recordaren calquera das cousas que se lles pregunta, poden ver algún vídeo para repasar, por exemplo:

 

*Despois pódense repasar cancións, contos ou vocabulario traballados xa en clase recollidos no blogue https://burelavistablog.blogspot.com ou ben repasar con cancións das seguintes canles de youtube, que contan con multitude de vídeos, dende Baby shark ata contar de 0 a 100 .

https://www.youtube.com/user/SuperSimpleSongs/videos

https://www.youtube.com/user/JackHartmann/videos

 

*Na seguinte páxina web, Oxford oferta diferentes liñas editoriais con contos, xogos ou cancións para tódolos niveis, de infantil e primaria. Se ben é recomendable que o alumnado empregue recursos dirixidos a curso no que se atopa, poden investigar libremente por tódolos cursos:

https://elt.oup.com/student/oupeprimary/?cc=global&selLanguage=en

 *Para traballar a destreza oral, cando rematen de ver un conto, tamén se recomenda pedirlle ao alumnado que nos diga o que entenderon, e incluso facerlles algunha pregunta sobre o mesmo, por exemplo: Who is in the story?. How are they?, Is she/he happy?, What's the weather like?, What do they eat?, Can you see animals?,....

 

*Para traballar a destreza escrita, poden debuxar e escribir os membros da familia ou debuxar e escribir os nomes do material que levan na mochila, por exemplo, en fichas como as seguintes (que adxunto ao final):

 

        

 

 *Por último, déixovos tamén 3 minilibros que podedes ler, imprimir, colorear, etc.

 

 Un saúdo!

 

AdxuntoTamaño
family.jpeg14.23 KB
bag.jpg29.76 KB
Classroomreadingminibook.pdf381.04 KB
Familyreadingminibook.pdf291.51 KB
Weatherreadingminibook.pdf446.2 KB


blog | by Dr. Radut