Skip to Content

Presentación Proxectos Europeos. Santiago 10 Novembro 2018

O pasado Sábado 10 de novembro, a nosa directora e coordinadora de Programas Internacionais acompañada polo Xefe de Estudios: Alvaro Prieto e Belén Prieto, mestra de educación infantil foron invitados polo CAFI (Centro Autonómico de Formación e Innovación da Consellería de Educación) a participar en Santiago de Compostela nunha Xornada de divulgación sobre: "Plataforma Etwinning, Internacionalización e Difusión dos programas Erasmus+".  Nesa Xornada intensiva, o noso profesorado tivo a oportunidade de dar a coñecer todos os programas europeos nos que participa o noso centro escolar dende fai varios anos, intentando animar a máis colexios de Galicia a participar tamén.


page | by Dr. Radut