Skip to Content

Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros e material escolar 24/25

 FONDO LIBROS E VALES PARA MATERIAL - INFORMACIÓN IMPORTANTE

 

Listaxes provisionais fondo libros: 2 de xullo

Prazo de reclamacións: 3 e 4 de xullo

Listaxes definitivas fondo libros: 5 de xullo

Recollida vales materialDo 2 ao 5 de xullo  e do 4 ao 6 de setembro de 2024. (De 10 a 13 horas) *Estas datas poden sufrir modificacións.

Dende o 21 de maio ata o 21 de xuño de 2024, abrirase o prazo de presentación de solicitudes para o Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros e material escolar do curso 24/25.

 

As solicitudes poderanse entregar de xeito telemático (preferentemente) ou presencial, de luns a venres de 9:00 a 9:50 ou de 13:10 a 14:00 horas. 

 

No seguinte enlace, dispoñen de toda a infimación da convocatoria. 

 

Data límite para a presentación de solicitudes: 21 de xuño de 2024 (este incluído).

 

 

Artigo 11. Documentación complementaria

 

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

 

a) Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).

 

b) Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o alumno e os demais membros computables da unidade familiar.

 

En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.

 

Excepcionalmente (cando non sexa posible facelo polos medios anteriores), poderase acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios:

 

1º. Certificado ou volante de convivencia.

 

2º. Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

 

c) Certificado de discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia non expedido pola Administración autonómica.

 

d) Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, cando o agresor forme parte da unidade familiar.

 

e) Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

 

f) Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

 

g) Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor o titores carezan de DNI e NIE.

 

2. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica.

 

Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente no centro docente ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

 

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten.

 

Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

 

ABERTO O PRAZO DE ADMISIÓN (1-20 DE MARZO)

 

ADMISIÓN 24/25 

*ACONSELLAMOS COMPROBALO PRESENCIALMENTE NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DE SECRETARÍA

 

Datas a ter en conta: 

  • Derradeiro día de publicación de listaxes provisionais: 25 de abril.
  • Derradeiro día de publicación de listaxes definitivas: 15 de maio. 
  • Prazo de formalización da matrícula: do 20 ao 30 de xuño.

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: do 1 ao 20 de marzo.

Catálogo de prazas dispoñibles*

*O alumnado actualmente matriculado no centro ten asegurada a súa praza para o vindeiro curso, polo que NON requirirá un novo proceso de admisión.

 

COMO PRESENTAR A SOLICITUDE DE ADMISIÓN?

Opción 1

Acudir presencialmente á secretaría/dirección do centro de luns a venres en horario de atención ao público (este horario aparece especificado no apartado de Equipo Directivo- Horarios de atención).

O impreso de solicitude será facilitado no centro, aínda que tamén está dispoñible na aplicación admisionalumnado.

Xunto co impreso, deberase achegar a seguinte documentación:

  • Documento acreditativo da idade da alumna/o: DNI da nena/o, libro de familia ou outro documento que a acredite.

  • Documento acreditativo da identidade dos proxenitores.
  • Outra documentación que deba alegar en función do que precisen acreditar (familia numerosa, discapacidade, traballo próximo ao centro...).
  • Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do/a menor, de darse o caso.

Opción 2

Cubrir a solicitude e asinala na Sede Electrónica, achegando escaneada toda a documentación. Máis información na aplicación admisionalumnado .

 

NORMATIVA REGULADORA DO PROCESO DE ADMISIÓN

 

  • Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

 

Distribuir contido


by Dr. Radut