Skip to Content

Educación Infantil

CociñamosROSCAS

 

Os nen@s da clase da xirafa queremos ensinarvos a nosa receta de cociña deste mes de febreiro, unhas roscas coas que disfrutamos un montón!!!

 

 

Click to play this Smilebox slideshow
 
 

Os músculos do noso corpo

Ola de novo, 

Despois de aprender moitas cousas sobre os ósos, os nenos e nenas da clase do oso descubrimos os músculos.

Que son? Como son? Para que serven? Cantos temos?

Botádelle un vistazo ao vídeo e veredes o moito que traballamos, e sobre todo, o que disfrutamos aprendendo!

 

 

O noso proxecto: O Corpo Humano

                   Ola a todos!                          

Fai algún tempo, na clase do oso comezamos un novo proxecto. O noso osiño Lunar escribeunos unha carta e deixounos unha caixiña cun montón de cousas... Algunhas que xa coñecíamos, outras que creíamos coñecer e outras que non tiñamos nada claro...

 

Entre todos, apuntamos as cousas que sabíamos e as cousas que queríamos aprender... E aí empezou a nosa aventura, con moitas ganas e ilusión!

         

Botádelle un ollo ao vídeo, xa veredes canto estamos traballando e canto estamos aprendendo! E aínda nos queda moito, isto é só o principio...

 

A frase de Malala

Ola a todos!

Os nenos e nenas da clase do oso aprendimos moitas cousas sobre Malala (onde naceu, quen era a súa familia, que lle gustaba e que non, a súa loita, o atentado que sufriu....), posto que como xa sabedes, foi á persoa que lle adicamos o Día da Paz no noso cole este ano. Tamén descubrimos que lle gustaba moito ir á escola e que loitou e loita para que todas as nenas podan ir ao cole. 

A nós, tocounos elaborar o retrato de Malala, que como podedes ver, quedounos moi chuli!

Cando cumpriu 16 anos foi invitada a unha reunión moi importante, alí dixo esta frase:

 

Distribuir contido


by Dr. Radut