Skip to Content

blogue deLina Gómez

From GOOSE to GOOSE and faster than moose!

Gústavos xogar a xogos de mesa? Agora que estamos na casa e temos tempo para eles, elaboramos este XOGO DA OCA (GOOSE GAME) para pasar o tempo coa familia e moverse un pouco.

Para xogar só necesitades un dado (se non tedes podedes elaboralo); tamén podedes imprimir o taboleiro, usar un que teñades pola casa e ir mirando o que toca en cada casilla ou facer unha recta numérica ata o número 63; como fichas podedes usar as tradicionais, ou explorar a vosa orixinalidade usando tapóns, chapas, pedriñas ou o que se vos ocurra. 

HAVE A GOOD TIME!!

 

 

Adxuntamos o taboleiro para descargalo a tamaño completo.

Barquiño de papel

 

O MEU BARCO

Teño un barco de xoguete

e nel me quero embarcar.

Polos mares dos meus soños

quen me verá navegar!

 

Navegarei por mil ríos

sete mares hei cruzar-

No meu barco de xoguete

cansarei de viaxar!

 

No meu barco de xoguete,

mariñeiro e capitán...!

Non teño medo ao trebón 

nin me asusta o furacán!

 

O meu barco de xoguete!

O meu barco moito val:

verei terras, verei illas,

verei mares de coral...!

 

E andei todos os mares!

Xa cansei de navegar

co meu barco de xoguete

sin saír do meu fogar!

 
-"Os soños na gaiola" Manuel María-
 

 

Agora que xa sabedes facer un barco de papel, probade a facelo con outros materiais: folios, páxinas de xornais, cartulina... máis grandes, máis pequenos... probade se flotan ou non na auga, sopládelle a ver qué pasa...!

Distribuir contido


by Dr. Radut