Skip to Content

blogue deLina Gómez

CINE MUDO - UNHA MERENDA DE COMEDIA

As aulas de 6º de Educación Infantil seguimos co proxecto do CINE, e nesta ocasión achegámonos ao cine mudo. Disfrutamos moito gravando e vendo o resultado da nosa obra.

Esperamos que vos guste!

 

3...2...1...ACCIÓN!

 

Saída á contorna, 6ºEI

O venres 11 o alumnado de 6º de Educación infantil fumos coñecer a contorna do noso cole; fumos paseando ata o parque do hospital, alí xogamos, merendamos, vimos as plantas da zona e recollimos follas. Foi un día diferente e moi divertido.

VIAXAMOS!

O alumnado de 5º EI A fixo nesta última avaliación unha GUÍA DE VIAXES con curiosidades de todo o mundo, e un CADERNO DE VIAXE das saídas que fixemos, ambos amósanse a continuación:

 

VENGADORES 2.0 A NOVA ERA

No segundo trimestre as nenas e nenos de 5º de Educación Infantil estudiamos os SÚPER HEROES E SÚPER HEROÍNAS; disfrutamos moito con este proxecto xa que era un tema que nos motivaba un montón.

Como traballo final fixemos un CÓMIC entre as dúas clases sobre un tema do que tomar conciencia como é a RECICLAXE, e ao cal tamén lle puxemos voz. 

3...2...1...ACCIÓN...

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut