Skip to Content

blogue deMarcos

Viaxe a Bélxica 2023 (Día 1 e 2)

Hoxe é 10 de maio do 2023, hoxe, no noso viaxe a Bélxica, os de 6º de primaria do Vista Alegre fomos a un parque de aventuras chamado Zilvermeer.

Do outro día, o da viaxe, viñamos moi cansos de tanto ir de sitio en sitio, e ademais non nos quedaba moito tempo para durmir. En canto chegamos, ceamos, lavamos os dentes, e fomos directos a cama.

Madrugamos para poder ducharnos, baixamos almorzar e preparámonos para irnos xa a Zilvermeer. Cando chegamos explicáronnos que ata as 12:00 podiamos ir facer unhas actividades en grupos de polo menos 3 persoas. Usamos barcas de remos e a pedais, fixemos minigolf e corremos nuns karts.                    

       

 

Cando chegaron as 12:00 reunímonos todos no punto que acordamos para xantar e prepararnos para as actividades da tarde. Escoitamos o que nos dixeron sobre esas actividades e nos separaron en 2 grupos. Un empezou na tirolesa que pasaba por enriba dun río e o outro foi a pista de obstáculos, tamén sobre o ría.

      

Cambiaron cando todos acabaran a outra actividade pendente e xuntámonos. A última actividade era pasar o río pisando “tartarugas”. Todos os que pasamos acabamos mollados porque non era nada doado pasar por aí.

 

Volvemos e tivemos tempo libre, para despois ducharnos e cear. Este foi o noso segundo día en Bélxica.

 

Xavi Cao

KIDS CAN! 3 - ROUTINES

SONG

STORY

KIDS CAN! 4 - OUR HOBBIES

SONG

STORY

KIDS CAN 4! - THINGS WE WEAR AND CARRY

PRESENTATION

SONG

STORY

MATERIALS

Distribuir contido


by Dr. Radut