O alumnado de 6º visitou o Concello de Burela para entrevistar á Carmela López, a primeira muller que ocupa o posto de alcaldesa. Aquí podedes ver a entrevista completa, moi interesante!
Moitas grazas por contestar a todas as nosas preguntas! E grazas tamén a Mario Pillado, tenente de alcaldesa, que tamén nos acompañou.
Para o noticieiro do reino, que era o reto que nos encomendara Libruxa, tratamos de sintetizar un pouco as palabras de Carmela:
Estes días parte do alumnado de 6º de Ed. Primaria que colabora coa biblioteca está a realizar un contacontos mediante a técnica do kamishibai. O conto elixido foi unha versión do título Pete o gato e os seus novos zapatos. Nela o gatiño vai visitando lugares da nosa vila e ten algún que outro problema cos seus novos zapatos.
A historia amosa aos espectadores que cando aparece un problema, debemos buscar unha solución! É un conto moi sinxeliño enfocado aos nenos e nenas máis pequerrechos/as.
Ata o de agora xa fixeron varias actuacións: na veciña Escola Infantil da Galiña azul, á clase de bebés e de un e dous anos e no noso cole, a todo o alumnado de Ed. Infantil.
Unha vez finalizadas as representacións o público asistente recibiu un pequeno agasallo: unha máscara do propio gato, que deseñaron para a ocasión.