Skip to Content

blogue deTamara Suárez

Ficheiros Erasmus+

Belgium 2022

E agora que xa chegamos á casa, podemos botar a vista atrás e recordar todo o que vivimos durante estes días xunto cos nosos socios do colexio belga GBS De Bosmier en Balen, aos que lles agradecemos profundamente o seu esforzo por todas as actividades que organizaron para nós.

Foi unha semana de convivencia na que nos coñecimos un pouco máis, días nos que descubrimos moitas cousas novas dos nosos compañeiros e compañeiras. Tamén houbo momentos de reflexión e polos que tivemos que pedir desculpas, pero iso tamén é aprendizaxe! E sobre todo de diversión e aventura: entre tirolinas, tobogáns, auga, xogos....

En definitiva, foi unha experiencia cargada de aprendizaxe a todos os niveis que de seguro deixará unha forte pegada en todos/as os que participaron nela: novos lugares, novas persoas, novos horarios, novas comidas, novas palabras...

Grazas a todos/as os/as que o fixestes posible! Recordade que nunhas semanas somos nós os anfitrións!

 

Aquí podedes ver unhas reportaxes sobre cada día da excursión. 

Bélxica día 8: Volta a casa

Ola a todos/as!

Parece imposible que esta semana pasara tan rápido, pero a nosa aventura está chegando ao final. Hoxe despois de almorzar, baixamos as maletas para fóra e collimos o bus para ir cara ao aeroporto. Antes de chegar paramos no Atomium para velo e sacar unha foto diante de el.

No aeroporto, facturamos as maletas e comimos o picnic. Compramos unhas últimas cousiñas nas tendas e listos para embarcar. Esta vez o voo foi tranquilo e mesmo chegamos un pouco antes de tempo.

Recollimos as maletas e puxemos rumbo a Burela, onde nos esperaba un recibimento moi especial por parte das nosas familias.

Un saúdo para todos/as e grazas por seguir as nosas aventuras!

Bélxica día 7: Zilvermeer

Ola a todos/as!

Hoxe despois de almorzar e preparar o picnic, collimos o bus para ir a Zilvermeer, un paque de aventuras no que pasamos ratos moi divertidos co alumnado belga de 5º e 6º.

Pola mañá montamos en pedaletas acuáticas e karts, tamén xogamos ao minigolf.

Pola tarde, despois de comer, fixemos unha actividade de aventura, unha especie de circuito con probas de diferentes dificultades e todas por enriba dun lago. Ao principio parecíanos moi difícil pero a realidade foi que agás a máis difícil que poucos conseguiron superar sen darse un baño accidental, superámolas, superando os noso medos.

A verdade é que foi moi divertido!

Despois duchámonos e antes de marchar, divertímonos nunha zona de parque onde estaba o tobogán máis longo e Bélxica.

Ao chegar ao albergue estaba esperándonos gran parte do alumnado de 6º do GBS De Bosmier para xogar un ratiño e despedirse de nós.

Preparamos a equipaxe, limpamos un pouco o albergue e ceamos. 

Besiños.

Distribuir contido


by Dr. Radut