Skip to Content

lectura e familias

Charla con Isabel Dans sobre educación dixital

O vindeiro día 8 de maio temos a sorte de contar na biblioteca do centro coa profesora de Universidade de Santiago de Compostela Isabel Dans. Vai vir compartir con nós a súa experiencia e darnos algunhas indicacións sobre os últimos estudos en educación dixital, búsqueda de información na rede, uso de dispositivos electrónicos e outros temas de interese para familias. Animádevos a participar!

Cartel conversa educación dixital de bibliosbardos Carral

Charlas sobre literatura infantil para familias con Montse Pena Presas (UDC)

O 23 de abril, Día do Libro, tivemos a sorte de contar con Montse Pena Presas da Universidade de Santiago de Compostela, dentro programa lectura e familias. Montse fíxonos pasar unha entretida tarde entre libros e historias de literatura infantil e xuvenil, coma sempre, foi un pracer escoitala: "ler para ser, non so para saber". Graciñas por vir e por estar!

Charla familias 23 abril - Animación á lectura

O vindeiro martes 23 de abril, Día do libro, contaremos no centro coa experta en literatura infantil e xuvenil e profesora da Universidade de Santiago de Compostela, Montse Pena Presas. Falaranos de por que é importante "dar de ler" como forma de acompañar ás nosas nenas e nenos na súa infancia e compartirá algúns libros e lecturas cos que alimentarnos dende os primeiros anos.
Paralelamente, para que as familias poidades conciliar e asistir á charla, haberá unha actividade lúdica para as nenas e nenos.
Deixámosvos o cartaz con toda a información. Non volo perdades!

 

Maletas de lectura para as casas, listas!

Xa temos listas as maletas viaxeiras para familias! Esta é unha iniciativa impulsada pola biblioteca escolar dentro do programa "Lectura e familias" e que pretende fomentar a lectura no fogar tanto con libros pensados para os nenos/as como para os adultos/as. A continuación deixámosvos unha explicación máis pormenorizada da maneira de solicitalas así como os materiais que conteñen.

 

Segunda reunión das "Milfollas de papel" (club de lectura de adultas)

O pasado 25 de xaneiro tivemos a segunda reunión do club de lectura de adultas "Milfollas de papel" sobre o libro proposto: "Educar en el Asombro" de Catherine L´Ecuyer. Pasamos uns momentos moi agradables comentando os argumentos desta obra e falando sobre as nosas propias experiencias. Ademais tivemos varias sorpresas como os fermosos marcapáxinas feitos á man que nos trouxo unha das compañeiras e ata a opinión gravada doutra delas que non puido vir. Ao final, repartimos as novas obras "Piezas Sueltas, el juego infinito de crear" de Priscila Vela e Mercedes Herrand (non nos cansaremos de darlle as grazas ao CRA de Culleredo por prestarnos os seus libros).  Vémonos en febreiro!

 

 

Visita ao Ágora en familia (lectura e familias)

Este sábado 5 de xuño fomos de excurión ao Ágora da Coruña, alí visitamos as intalacións, contáronnos uns contiños e tivemos tempo de ver e apreciar os recursos que nos ofrece a nosa contorna. Foi unha mañá ben bonita de "dar de ler, coma que da de comer". Graciñas familias!

 

Excursión ao Ágora: lectura e familias (sábado 10 de xuño)

IMPORTANTE: A excursión é para familias. Os nenos e nenas deberán ir acompañados dun adulto responsable maior de idade.

Documento A4 Horarios Biblioteca Ilustrativo Verde de Patricia Pena

Lectura e familias: Montse Pena Presas e Carlos Rodríguez

Este xoves 25 de maio tivemos a sorte de contar con dous colaboradores excelentes. Mentres Montse Pena Presas, profesora de Didáctica da Lingua e Literatura da Universidade ed Santiago de  Compostela, falaba coas familias sobre "as mochilas lectoras" que todos e todas temos e as diferenzas que iso supón de partida, como ser mediadores de lectura e o desenvolvemento da  escrita, Carlos fixo un obradoiro cos pequenos e pequenas de ilustración. Un luxo!

Mediación lectora

A biblioteca do CEIPP Vicente Otero Valcárcel organiza un novo obradoiro sobre mediación lectora e desenvolvemento da lingua escrita. Nesta ocasión contamos coa profesora de Literatura e Didáctica da Lingua  da Universidade de Santiago de Compostela  Montse Pena Presas. Ademais, o compañeiro e pai dun neno do centro, Carlos Rodríguez, colaborará con nós para que as familias que así o desexen poidan traer aos nenos e nenas e facer un obradoiro de ilustración mentras eles asisten á charla.  Debedes anotarvos no correo bibliosbardoscarral@gmal.com indicando nome e idade do neno/o e nome da persoa adulta. Animádevos a participar! 

NOTA IMPORTANTE: Se a demanda fora grande fariamos dúas charlas: unha para aos nenos/as e familias de Educación Infantil ata 2º de EP e outra para 3º,4º,5º, e 6º de Educación Primaria. Teriamos entón dúas quendas unha ás 17:30h (a dos pequenos/as) e outra as 18:30h (a dos maiores). Intentaremos avisar á maior brevidade posible se esto ocorre. Data límite para anotarse o martes día 23. 

 

Lectura e familias: Sonia Hermida

O luns 24 de Abril, dentro do proxecto "Lectura e familias" visituounos Sonia Hermida para contarnos moitos contos sobre diversidade e inclusión e propoñernos unha serie de actividades finais de animación lectora. Aquí vos deixamos unhas imaxes.  Grazas Sonia e familias por vir e por estar! 

Distribuir contenido


by Dr. Radut