Skip to Content

Admisión alumnado

Listaxe definitiva de alumnado admitido e non admitido no curso 2023-2024

Atópase publicada a listaxe definitiva de admitidos e non admitidos para o Curso 2023-2024, no taboleiro interior do centro. Pode consultarse no propio centro, ou ben a través da aplicación admisión alumnado empregando a chave 365 ou o certificado dixital.

 

Todo o alumnado que solicitou praza está admitido.O próximo trámite a realizar será a matrícula do 20 ao 30 de xuño. Uns días antes publicaremos información ao respecto.

Listaxe provisional de alumnado admitido e non admitido no curso 2023-2024

Atópase publicada a listaxe provisional de admitidos e non admitidos para o Curso 2023-2024, no taboleiro interior do centro. Pode consultarse no propio centro, ou ben a través da aplicación admisión alumnado empregando a chave 365 ou o certificado dixital.

Todo o alumnado que solicitou praza está admitido, agás en 1º de EP.

O prazo de reclamacións é de 5 días hábiles, a partir do seguinte á publicación.

listaxe definitiva será publicada o 15 de maio.

Admisión alumnado curso 23-24

  • Datas: Do 1 ao 20 de marzo de 2023, ambos inclusive, estará aberto o prazo para a presentación de solicitudes de admisión para alumnado de nova incorporación ao centro.
  • Vacantes curso 2023-2024 e horario de administración (documentos adxuntos).
  • Cómpre cumprimentar o anexo II (documento adxunto) e asinar ambos proxenitores a solicitude e a comprobación de datos. Asemade, hai que entregar a fotocopia de libro de familia con todos os membros. De momento, non é preciso aportar o padrón municipal.
  • Para calquera aclaración ou para presentar a solicitude, pode facelo a través do correo do centro: ceip.vicente.otero@edu.xunta.gal ou a través do teléfono 881880447.

Matrícula NOVO ALUMNADO Curso 2022-2023

Informamos que o prazo para para a matriculación de novo alumnado no centro será do 20 ao 30 de xuño.

 

É imprescindible solicitar cita previa no teléfono 881 880 447.  

 

Teñen adxuntos:

  • Documento de formalización de matrícula.
  • Folla de rexistro coa documentación a entregar.
  • Enquisa para as familias de 4ºEI.
  • Solicitude de transporte e comedor.

Deben presentar a relación de documentos que figura na folla de rexistro coa documentación a entregar:

- Impreso de matrícula correctamente cuberto.

- Solicitude de transporte escolar.

- Solicitude do servizo de comedor coa documentación xustificativa.

- Certificado médico.

- Fotocopia da tarxeta sanitaria do alumno/a.

- Fotocopia da cartilla de vacinas.

- 2 fotografías tamaño carné.

- Enquisa (no caso de alumnado de 4º de EI).

Listaxe definitiva de alumnado admitido e non admitido no curso 2022-2023

Atópase publicada a listaxe definitiva de admitidos e non admitidos para o Curso 2022-2023, no taboleiro interior do centro. Pode consultarse no propio centro, ou ben a través da aplicación admisión alumnado empregando a chave 365 ou o certificado dixital.

 

Listaxe provisional de alumnado admitido e non admitido Curso 2022-2023

Atópase publicada a listaxe provisional de admitidos e non admitidos para o Curso 2022-2023, no taboleiro interior do centro. Pode consultarse no propio centro, ou ben a través da aplicación admisión alumnado empregando a chave 365 ou o certificado dixital.

O prazo de reclamacións é de 5 días hábiles, a partir do seguinte á publicación.

A listaxe definitiva será publicada antes do 15 de maio.

 

 

 

Admisión de alumnado Curso 22-23

ADMISIÓN DE ALUMNADO

  • Datas: Do 1 ao 21 de marzo de 2022, ambos inclusive, estará aberto o prazo para a presentación de solicitudes de admisión para alumnado de nova incorporación ao centro.
  • Vacantes curso 2022-2023 (documento adxunto).
  • Cómpre cumprimentar o anexo II (documento adxunto) e asinar ambos proxenitores a solicitude e a comprobación de datos. Asemade, hai que entregar a fotocopia de libro de familia con todos os membros. De momento, non é preciso aportar o padrón municipal.
  • Para calquera aclaración ou para presentar a solicitude, cómpre pedir cita previa, ou ben a través do correo do centro: ceip.vicente.otero@edu.xunta.gal ou a través do teléfono 881880447.

 

Listaxe definitiva de alumnado procedente de centros adscritos para o Curso 2022-2023

Informamos de que o alumnado do noso centro adscrito (CEIP Tabeaio), que solicitou praza para o vindeiro curso 2022-2023, está admitido.

Reserva de praza IES de Carral Curso 2022-2023

O alumnado de 6º de Educación Primaria que vaia cursar a ESO no IES de Carral ten que tramitar a reserva de praza dende o 11 de xaneiro ata o 8 de febreiro de 2022.

 

Pódese solicitar de dúas formas:

  • No anexo I da Orde 12 de marzo de 2013, que lles será entregado ao alumnado. Dito anexo pode ser entregado a través do propio alumnado ou envialo por correo electrónico ao centro.
  • A través da sede electrónica, para o que se precisa chave 365, accedendo a: https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/. Columna da esquerda - solicitudes - reserva - crear.

Aberto prazo de matrícula.

Estimadas familias. Recordamos que o prazo para para a matriculación de novo alumnado no centro e do alumnado que pasa de Educación Infantil a 1º de Educación Primaria será do 20 ao 30 de xuño. Recorden solicitar cita previa no centro no teléfono 881 880 447.  
Os documentos necesarios están a súa disposición nesta páxina web.
Un saúdo.
A Dirección. 

 

ADMISIÓN CURSO 21-22

 A continuación poderán encontrar a documentación coa información sobre as vacantes dispoñibles o calendario e documentos correspondentes para a súa cobertura no proceso de admisión para o vindeiro curso 21-22.

IMPORTANTE DEBERÁ SOLICITARSE CITA PREVIA A TRAVÉS DO TELÉFONO PARA PODER FACER ENTREGA DA DOCUMENTACIÓN.  

Distribuir contenido


by Dr. Radut