Skip to Content

PROPOSTAS PARA O VENRES 17

Boas!

Que bo traballos estades facendo sobre as máquinas: temos rodas, planos inclinados, moitas fotos... E que dicir deses contos que estades aprendendo a facer paseniño, paseniño! Imos esperar un pouquiño máis, cando acabemos con estes dous temas publicamos, xa veredes que actividades máis xeitosas vos quedaron. Un traballazo!

LINGUA: Os contos, ademais de ter un título, uns personaxes (protagonista, axudante do protagonista e antagonista), un lugar onde sucede a historia e unhas fórmulas de inicio e fin tamén teñen que ter unha orde: Un INICIO (onde se presenta a historia), un  (onde se conta o que sucedeu) e un DESENLACE ou FIN no que se remata a historia. Esta parte de ordenar a historia é a que imos a traballar hoxe. Deixámosvos dúas fichas, unha con debuxos vos guíen e outra con palabras que se utilizan para saber cando empeza, cando sigue e cando remata o conto, chámanse dunha forma rara, son conectores textuais e axudan a ordenar mellor as historias. Probades a escribir a vosa? 

  

HORA DE LER.  Hoxe deixámosvos un conto un pouquichiño máis longo. Chámase "FELIZ FEROZ, O LOBIÑO RIQUIÑO" é da Editorial Xerais, está escrito por El Hematocrítico e ilustrado por Alberto Vázquez. Se o conto de onte era diferente, imaxinade este lobo que "raro" pode chegar a ser! Un lobo riquiño, que cousas... Picade AQUÍ para lelo. 

NATURAIS E SOCIAIS. Lede a seguinte ficha con moita atención para repasar o que levades aprendido das máquinas.  

Seguimos coas maquetas das máquinas sinxelas. Antonte construístedes unha roda, onte un plano inclinado e hoxe tócalle a quenda á PANCA ("PALANCA"). Aquí tedes un exemplo de como facer unha catapulta con este sistema so necesitades unha culler, uns paus e unhas gomas elásticas. Anímádesvos? Como sempre podedes deseñar outras se vos parecen máis fáciles que esta ou mellor idea. 



blog | by Dr. Radut