Skip to Content

PROPOSTAS DÍA 3 DE ABRIL

Bueno, chicos e chicas, pois este é un punto e seguido de "vacacións de Semana Santa". Durante estes días non publicaremos tarefas diarias, podedes xogar, rematar as que tedes, levantarvos tarde e durmir, soñar, bailar, cantar, desfrutar da familia... O que máis vos guste! Vémonos á volta, se non é de forma real, polo menos virtual. A ver como vai isto porque, de momento, non sabemos nada fixo. Pero recordade: #undíamáiséundíamenos. Deixámosvos tarefas para hoxe podédenos mandar os resultados coma sempre! Encántanos velos! 

MATEMÁTICAS: Sabedes que todos os días recollemos o tempo atmosférico e a temperatura para logo facer unha gráfica. Esta é unha gráfica un pouco distinta, a ver se recordades como se len e como se fan. 

 

HORA DE LER: O conto de hoxe vai sobre unha fábrica de bicos... A ver que vos parece! Tedes moitos? Invitámosvos a que INVENTEDES UN NOVO FINAL PARA ESTE CONTO que escribiu María Canosa e ilustrou Dani Padrón, é da Editorial Xerais. 

 

LINGUA: Aquí vos deixamos unha lectura un pouco diferente, trátase dunha lata de conservas! A ver se atopades a información que se vos pregunta. Mirade cantas cousas pon que estivemos estudiando: peso, prezos... Agora se queredes investigade pola casa que poñen as diferentes latas de conserva e outros botes que atopedes. As cousas que se ven no cole sirven para a vida real, por exempolo, ler a composición dos produtos que comemos é moi importante para levar unha alimentación saudable. Recordades?

É se aínda queredes máis visitade o blog da biblio, temos varias fotos de nenos e nenas cos seus libros favoritos pero gustarianos ter unhas pouquiñas máis. Hai sorpresas de caras coñecidas no vídeo que imos montar! Xa veredes, xa...Ah! E animádevos tamén as familias a ensinarvos as vosas lecturas favoritas! SE TI LES, ELES LEN. 

BOAS VACACIÓNS!

VÉMONOS Á VOLTA!



blog | by Dr. Radut