Skip to Content

Arquivo

PROPOSTAS DE MÚSICA PARA ESTA QUINCENA

Aquí vos deixamos as propostas de música para esta primeira quincena de maio que nos mandou a profe Leticia. 

 

PROPOSTAS PARA O 5 DE MAIO

 

LENGUA: Exercicios da páxina 156 do libro de lengua. O verbo. Escribide ademais unha LISTA DE VERBOS OU ACCIÓNS que podemos facer co corpo. 

HORA DE LER: Mirade no blog da biblioteca o concurso que convoca o MUSEO DE BELAS ARTES, animádesvos? 

NATURAIS, SOCIAIS E EDUCACIÓN ARTÍSTICA: Facede esculturas como GIACOMETTI con arame (fío metálico) e papel tipo Albal. Se non tedes o arame probade a facelo so con papel de prata, igual non se aguanta tan ben de pé pero non pasa nada. 

PROPOSTAS PARA O 6 DE MAIO

 

MATEMÁTICAS: Páxina 154, 155 e 156.

HORA DE LER: Olalla González como autora e Marc Taeger como ilustrador cóntannos "Aquiles o puntiño" da Editorial Kalandraka. Picade AQUÍ para velo. 

EDUCACIÓN ARTÍSTICA E CIENCIAS NATURAIS E SOCIAIS. Seguimos coas diferentes maneiras que hai de representar o corpo humano, neste caso tócalle a quenda á última artista contemporánea que imos coñecer. Facede un retrato de quen vos queirades ao modo de HANNAH HOCH (real ou inventado) usando a técnica do COLLAGE. Propoñémosvos coller fotos de persoas das revistas ou xornais que teñades pola casa e rocortar ollos, caras, orellas, pernas, brazos, cabelos, corpos... Probade varias veces a facer as composicións ata que fagades unha que vos guste (experimentade cambiado ollos, caras corpos...), agora si, xa podedes botarlle o pegamento. 

PROPOSTAS DÍA 7 DE MAIO

 

LENGUA: Páxina 158 e 159.

HORA DE LER: Practica os seguintes trabalinguas coa letra R.

EDUCACIÓN ARTÍSTICA, CIENCIAS NATURAIS E SOCIAIS: Usando calquera das técnicas que vimos no museo do corpo humano facede a vosa representación das MULLERES E DOS HOMES DO FUTURO. Como os imaxinades? Deixade voar a imaxinación. Pode ser unha escultura de papel, con barro, un collage, un debuxo... O que vos queirades! Con esta actividade rematamos o noso MUSEO DOS CORPOS PERFECTOS.

PROPOSTAS PARA O 8 DE MAIO

 

MATEMÁTICAS: Páxinas 157 e 158.

HORA DE LER: Deixámosvos o seguinte xogo para desfrutar en familia, lede ben as instrucións e a mover o corpo.

OS MAIOS: Visitade o blog da biblioteca picando AQUÍ, alí atoparedes unha proposta para celebrar os maios, o mes das flores. 

CONTOS EN CORENTENA

Velaquí a secuencia didáctica completa dos contos: ler contos; traballar coas diferentes partes: título, fórmulas de inicio e fin; personaxes protagonistas e antagonistas e a súa descrición; ilustracións; inicio, nó e desenlace... Recordade ben toda esta secuencia porque vos vai ser moi útil no futuro, ademais non olvidedes os pasos de todos os escritos de calidade: PLANIFICACIÓN, ELABORACIÓN DO BORRADOR, REVISIÓN E EDICIÓN.  

 

Parabéns, estades feitos uns escritores e escritoras excelentes!  Velaquí o fermoso libro de contos que construístedes entre todos e todas, nin máis nin menos que 106 páxinas!

 

Tamén vos deixamos dous vídeos de compañeiros lendo os seus contos:

CONTO BERTO from CEIP VICENTE OTERO on Vimeo.

CONTO ROI from CEIP VICENTE OTERO on Vimeo.

PROPOSTAS PARA O LUNS 11 DE MAIO

 

LENGUA: Páxinas 162 e 163. Os poemas. 

HORA DE LER: Frederick de Leo Leonni, o rato poeta da Editorial Kalandraka. 

Ademais visita o blog da biblio, alí atoparás unha proposta para elaborar un DIARIO DE CONFINAMENTO e presentalo ao concurso que convocan os Equipos de Dinamización da Lingua Galega do cole e o IES de Carral. 

PROPOSTAS PARA O MARTES 12 DE MAIO

 

MATEMÁTICAS: Páxinas 159 e 160.

HORA DE LER

LENGUA: Facede a seguinte ficha, buscade palabras que rimen cos números.

PROPOSTAS PARA O MÉRCORES 13 DE MAIO

 

LENGUA: Fai a seguinte ficha sobre os poemas. 

 

Despois de completar a ficha anterior e coa que fixeche onte diante, agora que xa tes as palabras que riman cos números, FAI TI UN POEMA COAS TÁBOAS como as cantigas de Miliki. Elixe a táboa que ti queiras e escribe como no exemplo. A rimar!

Uno por uno es uno,

y como tú no hay ninguno.

Uno por dos es dos,

cuidado que tengo tos.

 

HORA DE LER: Na hora de ler deixámosvos un poema de Antonio García Teijeiro, esperamos que vos guste. 

PROPOSTAS PARA O XOVES 14 DE MAIO

 

MATEMÁTICAS: Páxinas 161 e 162.

HORA DE LER: Visita as propostas do Blog de Dinamización da Linga Galega dentro da web do cole picando AQUÍ, así poderás aprender moitas cousas sobre Ricardo Carvalho Calero o autor homenaxeado polas letras galegas  este ano (o domingo 17 de maio).

LINGUA: Fai un PAREADO co teu nome, entre todos e todas faremos os pareados dos nenos e nenas das clases de 2º.