Skip to Content

Arquivo

TAREFAS RECIBIDAS HOXE

Aquí vos deixamos as descricións científicas dos animais que nos mandaron Sergio, Roi, Rocío, Aldara, Alba, Berto e Mara. Recordade que cada unha que vaia chegando poñerémola con estas, igual que a xeometría e os cómics todos xuntiños para que os poidades ver cando queirades. 

Tamén un variado de Aldara, Roi, Lara R e Yazmina. 

PROPOSTAS PARA O DÍA 2 DE ABRIL

MATEMÁTICAS. Hoxe imos cun pouco de cálculo. Deixámosvos tamén un carteliño  de axuda cunhas palabras que soen aparecer nos problemas e que nos dan pistas sobre se a operación que hai que facer é sumar ou restar, seguro que sabes moitas máis así que podes ir completándoo coas que vaian aparecendo noutros problemas que fagas. 

 

HORA DE LER. Na hora de ler deixámosvos un conto que se chama "MATEO" de Marisa López Soria, ilustrado por Carmen Queralt e da Editorial Narval. Sabemos que nas dúas clases hai un neno con este nome, como será este? Escoitade a historia atentamente e FACEDE O DEBUXO DO PROTAGONISTA. Non o copiedes, imaxinade que sodes os ilustradores e que tedes que facer o voso propio Mateo! Dámosvos unha pista, este libro comeza así: Mateo es un niño de color. Pero no es de color rojo, ni verde, ni azul, ni lila que a los tontos espabila, ni tan siquiera amarillo que te pillo...

ESCRITURA: Hoxe vai de avisos, Aquí vos deixamos unha ficha. 

TAREFAS RECIBIDAS

As vosas tarefas de hoxe de Cayetana, Rocío, Yazmina, Alejandro, Lara e Aldara. Tamén está o cartel de Natalia que cruza a rúa dun lado ao outro para darnos ánimos a todos e todas. 

Refrán, trabalinguas e adiviña de Nico:  

E aquí recollidos van quedar todos os traballiños cos contos que facedes:

PROPOSTAS DÍA 3 DE ABRIL

Bueno, chicos e chicas, pois este é un punto e seguido de "vacacións de Semana Santa". Durante estes días non publicaremos tarefas diarias, podedes xogar, rematar as que tedes, levantarvos tarde e durmir, soñar, bailar, cantar, desfrutar da familia... O que máis vos guste! Vémonos á volta, se non é de forma real, polo menos virtual. A ver como vai isto porque, de momento, non sabemos nada fixo. Pero recordade: #undíamáiséundíamenos. Deixámosvos tarefas para hoxe podédenos mandar os resultados coma sempre! Encántanos velos! 

MATEMÁTICAS: Sabedes que todos os días recollemos o tempo atmosférico e a temperatura para logo facer unha gráfica. Esta é unha gráfica un pouco distinta, a ver se recordades como se len e como se fan. 

 

HORA DE LER: O conto de hoxe vai sobre unha fábrica de bicos... A ver que vos parece! Tedes moitos? Invitámosvos a que INVENTEDES UN NOVO FINAL PARA ESTE CONTO que escribiu María Canosa e ilustrou Dani Padrón, é da Editorial Xerais. 

 

LINGUA: Aquí vos deixamos unha lectura un pouco diferente, trátase dunha lata de conservas! A ver se atopades a información que se vos pregunta. Mirade cantas cousas pon que estivemos estudiando: peso, prezos... Agora se queredes investigade pola casa que poñen as diferentes latas de conserva e outros botes que atopedes. As cousas que se ven no cole sirven para a vida real, por exempolo, ler a composición dos produtos que comemos é moi importante para levar unha alimentación saudable. Recordades?

É se aínda queredes máis visitade o blog da biblio, temos varias fotos de nenos e nenas cos seus libros favoritos pero gustarianos ter unhas pouquiñas máis. Hai sorpresas de caras coñecidas no vídeo que imos montar! Xa veredes, xa...Ah! E animádevos tamén as familias a ensinarvos as vosas lecturas favoritas! SE TI LES, ELES LEN. 

BOAS VACACIÓNS!

VÉMONOS Á VOLTA!

ÁNIMO!

Por iniciativa dunha das mamás das aulas de 2º (Omayra) algúns dos nenos e nenas destas clases gravaron estas mensaxes que pretenden dar ánimos a toda a comunidade educativa.  Forzas, alento e bicos a moreas nestes momentos de estar separados. Volveremos a xuntarnos!

PROPOSTAS PARA O 14 DE ABRIL

Ola de novo pequerrechos e pequerrechas! Como estades? Nos seguimos aquí pechadiñas na casa e con moitas ganas de vervos. Durante esta semana imos traballar coas máquinas simples e compostas, cos contos e repasando os números.  Imos polas tarefas do martes: 

MATEMÁTICAS: Collede o libro e facede as actividades da páxina 140, 141, 142 e 143. Parecen moitas pero non son tantas, xa veredes. 

HORA DE LER: Escribe 3 fórmulas de inicio dos contos (por exemplo: "Érase unha vez") e 3 fórmulas de fin (por exemplo: "colorín colorado esté conto está acabado").

Tamén podes escoitar este conto: RATONES DE CASA de Oli e ilustrado por Natalia Colombo da Editorial Kalandraka. Picade AQUÍ. 

LINGUA: Ler as páxinas 136 e 137 do libro de Lingua Castelá.

NATURAIS E SOCIAIS: Para rematar e irte metendo no mundo da maquinaria podes coller o móbil ou a cámara de fotos e sacarlle fotos ás máquinas simples e complexas que teñas na casa e, coma sempre xa sabedes, podedes mandárnolas ao correo carraleses@gmail.com  (as fotos e outras tarefas que queirades)

AS MÁQUINAS

Aquí vos deixamos as fotos recollidas sobre máquinas simples e complexas. Para ver o que mandástedes sobre contos podedes picar AQUÍ. 

Tamén vos ensinamos outros traballos que recibimos de Lúa e de Alejandro. 

PROPOSTAS DÍA 15 DE ABRIL

LENGUA: Onte tocou ler a lectura e hoxe responder a unhas preguntiñas de comprensión das páxinas 138 e 139.

HORA DE LER: Seguimos aprendendo sobre os contos para ao final facer o noso, hoxe toca facer repaso de protagonistas. Fai unha lista dos que coñezas: Carrapuchiña Vermella, o lobo, a avoíña, o cazador... Os que ti queiras! Despois pensa como son e descríbeos fisica e psicolóxicamente (de forma breve). Deixámosvos unha ficha de adxectivos e un cadro de protagonistas para que vos sexa máis fácil e vos sirvan de guía (ademais así aprenderedes moito vocabulario diferente)

 

Agora podes relaxarte un pouco vendo o seguinte conto "Cuenta conmigo" escrito e ilustrado por Miguel Tanco e editado por Libre Albedrío Editorial, ten un montón de figuras matemáticas que xa coñeces, mira, mira... 

NATURAIS E SOCIAIS: Para seguir coñecendo cousas sobre máquinas hoxe invitámosvos a que fagades unha das primeiras máquinas sinxelas da historia: a roda! A súa invención supuxo un cambio importante na historia da humanidade, sabedes o porqué?

Mirade este vídeo de Happy Learning para saber máis cousas das máquinas:

Mans á obra, fabricade a vosa propia roda andarina seguindo as instrucións do vídeo. A rodar! 

Por suposto queremos seguir vendo os vosos magníficos traballos!

PROPOSTAS XOVES 16 DE ABRIL

As tarefas que mandastes onte subirémolas mañá ou pasado, sobre todo por se mandades algún vídeo máis das rodas andarinas para que queden todas xuntas e non en diferentes entradas. Chegaron algunhas e son ben xeitosas! O traballo dos contos tamén vai quedar todo nunha presentación así poderedes desfrutar do gran esforzo que estades a realizar. Sodes estupendos! Estamos tan orgullosas...

Imos polas tarefas do xoves!

MATEMÁTICAS: Páxina 144 e 146. Podedes escoitar tamén a canción de Miliki da táboa do 5. 

HORA DE LER: Facede un LISTADO DE LUGARES ONDE SUCEDEN OS CONTOS (un castelo, un bosque...) Despois podedes ler unha historia diferente de Carrapuchiña Vermella, chámase "CAPERUCITA DE COLORES" da Editorial Anaya escrito por Carles Cano e ilustrado por Violeta Monreal. Picade AQUÍ para velo.

NATURAIS E SOCIAIS: Onte fixéstedes unha roda, hoxe tócalle ao PLANO INCLINADO. Deixámosvos unha idea pero podedes deixar voar a imaxinación. Esta maqueta fíxonos lembrar os días de Entroido, por iso nos gustou, pero probade a facer planos máis ou menos inclinados, podedes engadirlles diferentes texturas para comprobar a forza de rozamento...

Veña, experimentade coas máquinas simples!

 

PROPOSTAS PARA O VENRES 17

Boas!

Que bo traballos estades facendo sobre as máquinas: temos rodas, planos inclinados, moitas fotos... E que dicir deses contos que estades aprendendo a facer paseniño, paseniño! Imos esperar un pouquiño máis, cando acabemos con estes dous temas publicamos, xa veredes que actividades máis xeitosas vos quedaron. Un traballazo!

LINGUA: Os contos, ademais de ter un título, uns personaxes (protagonista, axudante do protagonista e antagonista), un lugar onde sucede a historia e unhas fórmulas de inicio e fin tamén teñen que ter unha orde: Un INICIO (onde se presenta a historia), un  (onde se conta o que sucedeu) e un DESENLACE ou FIN no que se remata a historia. Esta parte de ordenar a historia é a que imos a traballar hoxe. Deixámosvos dúas fichas, unha con debuxos vos guíen e outra con palabras que se utilizan para saber cando empeza, cando sigue e cando remata o conto, chámanse dunha forma rara, son conectores textuais e axudan a ordenar mellor as historias. Probades a escribir a vosa? 

  

HORA DE LER.  Hoxe deixámosvos un conto un pouquichiño máis longo. Chámase "FELIZ FEROZ, O LOBIÑO RIQUIÑO" é da Editorial Xerais, está escrito por El Hematocrítico e ilustrado por Alberto Vázquez. Se o conto de onte era diferente, imaxinade este lobo que "raro" pode chegar a ser! Un lobo riquiño, que cousas... Picade AQUÍ para lelo. 

NATURAIS E SOCIAIS. Lede a seguinte ficha con moita atención para repasar o que levades aprendido das máquinas.  

Seguimos coas maquetas das máquinas sinxelas. Antonte construístedes unha roda, onte un plano inclinado e hoxe tócalle a quenda á PANCA ("PALANCA"). Aquí tedes un exemplo de como facer unha catapulta con este sistema so necesitades unha culler, uns paus e unhas gomas elásticas. Anímádesvos? Como sempre podedes deseñar outras se vos parecen máis fáciles que esta ou mellor idea.