Skip to Content

Blogs

Final do torneo de xadrez

Máxima expectación hoxe na biblio no recreo na final do torneo de xadrez do alumnado de 6º. Parabéns a Noa  por chegar á final e a Sebas por gañar o campionato. Grazas a todos e todas os participantes polo seu saber estar a súa implicación. Os trofeos están feitos no cole na nosa recién estrenada impresora 3D da aula de Polos Creativos. 

23 de febreiro. Día de Rosalía.

 O 23 de febreiro é o Día de Rosalía e no cole para recordar a esta escritora fundamental da nosa literatura fixemos un mural conmemorativo no que cada clase pintou o cachiño que lle tocou. Ademais, durante esta semana, as lecturas compartidas foron temáticas e limos algunhas das súas obras. 

Programa de radio polo día das enfermidades raras

O último día de febreiro foi elixido para conmemorar o día das enfermidades raras. O alumnado de 6ºB quixo compartir con todo o alumnado en directo (e agora con este podcast coa comunidade educativa) o que sabían e buscaron deste tema. Velaquí o resultado. 


Entroido en Polos Creativos en familia

Este mes de entroido tivemos reto de antifaz STEAM para as familias e o alumnado en polos pola tarde. Podedes ver o ben que lle quedou a Nerea, de 2ºC , o seu antifaz maker.

Animádevos a seguir argallando en familia nos próximos meses!

 

COLE ANIMAL!

Xa dicía o mandato de Pingüi de hoxe...

Venres: "Se un animal queres parecer, o disfrace que fixeches debes poñer. O alumnado deste Cole animal, nun pasarrúas desfilará por Carral"

 

Xa tedes todas as imaxes de hoxe na nosa galería!! 

 

Vémonos de novo o xoves 23 de febreiro.

 

Bo entroido!!

Contos e globoflexia coa profe Raquel

O alumnado de 2º estivo coa profe Raquel facendo un obradoiro a partir do libro de Eduardo Galeano da Editorial Kalandraka "A historia da resurrección do papagaio". Despois de ler o conto os nenos e nenas aprenderon a facer un papagaio mediante a técnica da globoflexia. 

 

6ª reunión do club de lectura

Nesta 6ª reunión do club de lectura desfrutamos de dúas actividades de animación lectora relacionadas cos libros escolllidos: Mamá, quero ser Ziggy Stardust e O álbum de Garrincha. Metímonos na pel das personaxes creando os nosos "alter ego" e divirtíndonos nunha xincana con pistas tal como facían Thomas e Joao respectivamente. 

 

Encontro con autores: Hematocrítico.

Todo o alumnado de 3º dentro do seu plan anual de lectura compartiron o libro "Alcaldesa Vermella" da Editorial Xerais. Este luns visitounos o seu autor, o Hematocrítico, e os nenos e nenas tiveron unha interesante charla sobre a forma de escribir un libro, as ilustracións, outras das súas obras... 

 

A biblio lugar de encontro

O alcalde e concelleiros de educación e medio ambiente estiveron no noso cole para comentar co alumnado de 3º as propostas que lles enviaron para convertir Carral nunha "vila verde". A biblio serviu de escenario para este encontro de participación cidadá. 

LITTLE BLUE AND LITTLE YELLOW

September 2022

Como artistas que somos, exploramos as cores. Para situarnos, coñecemos o conto "Little blue and little yellow", de Leo Leoni, da que vos deixemos unha animación a continuación.

A partir desta historia falamos dos PRIMARY COLOURS (RED, YELLOW, BLUE) and SECONDARY COLOURS. E experimentamos nós mesmos con "little dots of yellow" and "little dots of blue".

 

    

E aproveitamos a nosa experimentación coas cores para facer un mural que pronto vos ensinaremos.

Corazóns 3D

Hoxe o alumnado de 5º de Educación Infantil descubriu a aula de Polos Creativos. Estiveron a probar os lapis 3D e fixeron uns corazóns para celebrar o día do amor (San Valentín). Aquí podedes velos traballando:

polos1

 

 

Balonmán

Fai uns días todo o alumnado de Educación Primaria tivo unhas sesións adicadas ao deporte do balonmán coa participación do club UD CARRAL. Fixemos xogos e actividades con pases, lanzamentos... para coñecer máis de cerca este emocionante deporte e tamén xogamos partidos! Gustounos moito xogar ao balonmán!! 

Todo o que queira seguir xogando a este deporte, pode apuntarse na UD Carral. Aquí tedes máis información: súmate Deporte, ocio y salud

BE BIG!

September, 2022

Comezamos a nosa andaina como colexio plurilingüe introducindo a Educación Plástica e Visual en inglés no 1º nivel de Ed. Primaria.

Descubrimos o conto "BE BIG", de Katie Kizer. E nel acompañamos a Beatrice no seu primeiro día de colexio en 1º de primaria.

Inspirados por ela e a súa valentía, fixemos uns autorretratos de nós mesmos en grande tamaño. Nós tamén nos sentimos "BIG", e así nos representamos:

 

 

Minimakers nos recreos de febreiro

Este mes de febreiro durante os recreos moito alumnado está deseñando colgantes de corazóns con xornais. Asemade tamén están creando máquinas de todo tipo con LEGO e iniciándose no uso dun robot moi interesante: o Mind Designer.

 

Velaquí algunha fotos das súas producións:

 

Día da Candeloria 6ºB

Queredes saber que significa a Candeloria e porque se celebra o día 2 de febreiro? Pois escoitade este novo podcast do alumando de 6ºB.

Distribuir contenido


by Dr. Radut