XOGANDO CO ATLETISMO

O alumnado de 1º a 4º de Primaria gozou dunha xornada de iniciación ao atletismo da man do Programa XOGADE, da Secretaría Xeral para o Deporte. Preme na imaxe para ver o vídeo!

 

MUNDOBICHOS

PREMEDE NA IMAXE

WATER-POLO

 

Esta semana, o alumnado de 4º, 5º e 6º de E. Primaria do centro asistiu a unha sesión de wáter-polo impartida por un entrenador profesional deste deporte. Esta é unha actividade promocionada polo Concello de Betanzos para ver a acollida que ten no noso alumnado con vistas a realizar a actividade nun futuro próximo. Para isto, necesitan que cubran a breve enquisa que leva o díptico que levaron para a casa (tamén poden descargala PREMENDO NA IMAXE) e lla entreguen ao profesorado de Educación Física.

OS PAXAROS DO VALES

Con motivo do día da Candeloria, os nenos e as nenas do cole estiveron a investigar sobre distintos paxaros. No seu día xa vos adiantamos parte dos seus traballos, hoxe amosámosvos outra pequena parte...

CLICADE NA IMAXE!

HANSEL E GRETEL EN LINGUAXE DE SIGNOS

Se queredes saber máis premede na imaxe!

VISITA Á CASA DOS PEIXES

Aproveitando que están a traballar os seres vivos en Ciencias Naturais, os nenos e nenas de 1º de Primaria visitaron a Casa dos Peixes na Coruña.

PREMEDE NA IMAXE!

FRAN AMIL EN CONCERTO

Organizado polo departamento de Normalización Lingüística do Concello de Betanzos, Fran Amil presentou no cole, para a rapazada de 3º de Primaria, o seu espectáculo POPSÍA. Os nenos e nenas gozaron moitísimo coa poesía e a música.

CONCERTO NO PALACIO DA ÓPERA

Alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria desprazouse ata Coruña para gozar do espectáculo musical "La leyenda de Armonía" no Palacio da Ópera. Botádelle unha ollada ao vídeo premendo na imaxe!

 

PARA EVA...

PREMEDE NA IMAXE

ADMISIÓN ALUMNADO PARA O CURSO 2024-2025

PROCESO DE ADMISION FUERA DE PLAZO (2ª fase) – CPIFP Bajo Aragon

Desde o vindeiro venres día 1 ata o 20 de marzo de 2024 permanecerá aberto o prazo de solicitude de admisión para o vindeiro curso 2024/25, para todo o alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo (maioritariamente en 4º curso de Educación Infantil), así como para o alumnado de Educación Infantil e Educación Primaria  que desexa cambiar de centro escolar sempre que haxa prazas dispoñibles.

Poden realizar as súas consultas no teléfono 881880237 ou no correo electrónico ceip.vales.villamarin@edu.xunta.gal 

Publicación das listaxes provisionais de alumnado admitido: 25 de abril.

Publicación das listaxes definitivas de alumnado admitido: 15 de maio.

 

 Formalización da matrícula: do 20 ao 30 de xuño.

 

INFORMACIÓN:

Información admisión alumnado

Calendario procedemento de admisión

Áreas de influencia

Postos escolares vacantes

Tríptico PEC (Proxecto Educativo de Centro)

Decreto 13/2022

Orde 21 de outubro de 2022

 

IMPRESOS:

Solicitude de admisión

Documento de autorización de matrícula

Solicitude de transporte normal (domicilio a máis de 2 km.)

Solicitude de transporte excepcional

 

 

 

Distribuir contido