DÍA DA PAZ 2019.

Como xa sabedes o 30 de xaneiro é O DÍA DA PAZ.

Este curso aproveitamos esta data para reflexionar sobre o ACOSO ESCOLAR, centrándonos sobre todo na importancia de contalo, de ser quen de dicir non e da responsabilidade que temos tod@s, e en especial @s compañeiro@s para rematar con situacións deste tipo:

  • Apoiando a todos os nenos e nenas,

  • non mirando para outro lado,

  • axudando a crear un clima de respecto e tolerancia.

Estes contos serven para axudarnos a poñernos no lugar dos nenos e nenas que padecen situacións deste tipo.

 

  

No colexio, ademáis, temos tamén, na Biblioteca, estes outros libros sobre este tema:

                               

 

CROSS ESCOLAR 18-19

Noraboa a o noso alumnado  que participou no cross escolar celebrado en Baiona o domingo, 13 de xaneiro. Nunha mañá soleada e fría os nosos chicos e chicas alí estiveron facendo deporte e convivindo co alumnado de outros centros da contorna.

 Tedes a clasificación xeral nun arquivo adxunto.

DÍA DA MULLER 2019.

O venres 8 de marzo conmemórase  DÍA DA MULLER.

 
 
Para entender por que se conmemora nesta data mirade esta pequena presentación e a curtametraxe que está a continuación.
 
 
 
 
 
 
 

 
 
No colexio, en consoancia co proxecto deste curso, propoñemos mirar estas dúas PELÍCULAS FEMINISTAS. Nelas, as protagonistas rexeitan os estereotipos impostos pola sociedade e amosan unhas rapazas dispostas a cambiar a sociedade amosando que elas poden facer todo aquilo que se propoñan.
 
 
                                              
 
Distribuir contido